Scyliorhinus é o xénero tipo da familia dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae), peixes catilaxinosos elasmobranquios da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes). Son tiburóns de pequeno tamaño e coloración irregular, con dúas aletas dorsais, pequenas e desprazadas cara a atrás, coñecidos vulgarmente como melgachos.

Especies editar

O xénero Scyliorhinus comprende as seguintes 15 especies,[2] das que dúas, S. canicula (o melgacho) e S. stellaris (a roxa), habitan nas costas galegas.[3]

Notas editar

  1. Sepkoski, Jack (2002): "A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)", Bulletins of American Paleontology, 364: 560. [1] Arquivado 10 de maio de 2012 en Wayback Machine. Consultada o 24/11/2012
  2. FishBase. Scyliorhinus. Lista de epecies Con ilustracións. Consultada o 25/11/2012.
  3. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.