Sculptor

constelación menor do sur

Sculptor ou Escultor[1] é unha constelación menor do sur, que foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille. Orixinalmente chamouna 'Estudo de escultor', pero posteriormente, o nome foi acurtado.

Sculptor
Sculptor
Nome latino Sculptor
Abreviatura Scl
Xenitivo Sculptoris
Simboloxía O Escultor
Ascensión recta 0 h
Declinación −30°
Área 475 graos cadrados

Rango 36º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Scl

(magnitude ap. 4,31)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +50° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de novembro

Mitoloxía editar

Foi inserida durante o século XVII, polo que non ten mitoloxía relacionada.

Estrelas Notables e con nome propio editar

Non hai estrelas por riba da 3ª magnitude en Sculptor. A estrela máis brillante é α Sculptoris, unha variable do tipo SX Arietis de só 4,31 de magnitude. Isto é facilmente explicable xa que Sculptor contén o Polo Galáctico Sur onde a densidade de estrelas é moi baixa.

BD Nome da estrela Mag. Distancia (al) Comentarios
α Alfa Sculptoris 4,30 680
β Beta Sculptoris 4,38 178
γ Gamma Sculptoris 4,41 179
δ Delta Sculptoris 4,59 143
η Eta Sculptoris 4,86 548
ε Epsilon Sculptoris 5,29 89,5
ζ Zeta Sculptoris 5,04 510
ι Iota Sculptoris 5,18 311
θ Theta Sculptoris 5,24 71,1
π Pi Sculptoris 5,25 217
μ Mu Sculptoris 5,30 291
κ² Kappa-2 Sculptoris 5,41 581
κ¹ Kappa-1 Sculptoris 5,42 224
σ Sigma Sculptoris 5,50 227
ξ Xi Sculptoris 5,59 628
τ Tau Sculptoris 5,69 202
λ² Lambda-2 Sculptoris 5,90 372
λ¹ Lambda-1 Sculptoris 6,05 432
R Sculptoris 5,79 1550
HD 4208 7,79 107
WD 0137-349 15,33 333

Fonte: The Bright Star Catalogue, 5th Revised Ed., The Hipparcos Catalogue, ESA SP-1200

Obxectos Notables do espazo profundo editar

A constelación contén a Anana de Sculptor, unha galaxia anana que é membro do Grupo Local, así coma Grupo de Sculptor, un grupo de galaxias moi pechado sobre o Grupo Local. A Galaxia de Sculptor (NGC 253), é unha galaxia espiral barrada e é o membro máis relevante do grupo, está situado preto da fronteira entre Sculptor e Cetus. Outro membro prominente do grupo é a galaxia irregular NGC 55.

Notas editar

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar