Scott Weiland

músico estadounidense

Scott Weiland, nado en San Jose (California) o 27 de outubro de 1967 e finado o 3 de decembro de 2015 en Bloomington (Minnesota),[1] foi un músico estadounidense coñecido sobre todo polo seu traballo coma vocalista e letrista na banda de rock alternativo Stone Temple Pilots. Weiland tamén formou parte durante cinco anos do supergrupo Velvet Revolver.

Scott Weiland
Nome completoScott Richard Kline
Data nacemento27 de outubro de 1967
Nado enSan Jose (California)
Falecemento3 de decembro de 2015 (48 anos)
 Bloomington
Causasobredose
SoterradoHollywood Forever Cemetery
Ocupacióncantante, letrista, compositor de cancións, produtor musical, compositor, cantautor e guitarrista
Instrumento(s)voz
Relacionado conStone Temple Pilots, Velvet Revolver, Camp Freddy, The Magnificent Bastards, The Wondergirls, Art of Anarchy
Tempo en activo1985 - 2015
Na rede
http://www.scottweiland.com
IMDB: nm0917993 Facebook: ScottWeiland Twitter: thescottweiland Instagram: scottweiland MySpace: scottweiland Youtube: UCTAdk6AftvPoyXUObqSSUuQ Spotify: 0RMOWaq3zw0fdgvaGRMcdA iTunes: 469946 Last fm: Scott+Weiland Musicbrainz: 3b709eac-a251-4cc8-8259-4b379c4b9331 Songkick: 561378 Discogs: 55552 Allmusic: mn0000836226 WikiTree: Kline-1337 Find a Grave: 155659020 Genius: Scott-weiland Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A personalidade de Weiland no escenario foi coñecida por ser extravagante e caótica; tamén foi coñecido polos seus constantes cambios de aparencia e o seu estilo vocal, ademais do seu uso do megáfono para os efectos de voz. Amplamente visto como un vocalista con talento e versátil, Weiland foi incluído na lista dos 100 mellores cantantes de heavy metal da revista Hit Parader.

Traxectoria editar

Weiland naceu no Hospital Kaiser de San Jose, California, fillo de Sharon (Williams) e Kent Kline.[2] O seu apelido cambiou despois de ser adoptado polo seu padrastro, David Weiland, cando tiña cinco anos. Nese tempo Weiland mudouse a Bainbridge Township, Ohio, onde foi á Kenston High School. Volveu a mudarse a California na adolescencia onde foi ao Edison High School en Huntington Beach e ao Orange Coast College en Costa Mesa.

Carreira musical editar

Stone Temple Pilots editar

En 1986 Weiland coñeceu o baixista Robert DeLeo nun concerto de Black Flag en Long Beach (California). Os dous estiveron discutindo sobre os seus intereses amorosos, cando se decataron de que un deles era a mesma rapaza. A partir dese incidente conectaron e acabaron mudándose ao seu apartamento. Os amigos da infania de Weiland Corey Hicock e David Allin completaron o grupo, e ámbolos dous serían substituídos ao pouco tempo por Eric Kretz e o irmán de Robert, Dean DeLeo. Escolleron o nome Stone Temple Pilots debido ao seu cariño polas iniciais "STP". Nunha das súas primeiras actuacións baixo o nome Mighty Joe Young, foron abreconcertos de Electric Love Hogs, cuxo batería Dave Kushner sería anos máis tarde cofundador xunto con Weiland de Velvet Revolver. En 1992 publicarían o seu álbum de estrea, Core, xerando catro hits, "Sex Type Thing", "Wicked Garden", "Creep" e "Plush".

En 1994 STP publicou o seu segundo disco, Purple, onde se puido ver o desenvolvemento dunha identidade máis distintiva da banda Ao igual que Core, Purple foi un grande éxito, xerando tres exitosos sinxelos, "Big Empty", "Vasoline" e "Interstate Love Song", e vendendo máis de 6 millóns de copias. A resposta da crítica foi máis favorable, dicindo a revista Spin que era un "salto cuántico" con respecto ao seu anterior traballo.[3]

En 1995 Weiland formou a banda de rock alternativo The Magnificent Bastards co batería de estudio Victor Indrizzo en San Diego. O grupo incluía a Zander Schloss e Jeff Nolan nas guitarras e a Bob Thompson no baixo. Só chegarían a gravar dúas cancións, "Mockingbird Girl", composta por Nolan, Schloss e Weiland e incluída na banda sonora da película Tank Girl, e unha versión do tema de John Lennon "How Do You Sleep?" que foi gravada para o álbum tributo Working Class Hero: A Tribute to John Lennon.[4] Weiland reuniuse con Stone Temple Pilots no outono dese ano, pero a banda viuse forzada a cancelar a meirande parte da súa xira de promoción do seu terceiro álbum, Tiny Music... Songs from the Vatican Gift Shop, que vendeu ao redor de 2 millóns de copias. Ademais nesa época Weiland tivo problemas co abuso de drogas, que inspiraron algunhas das súas cancións de finais dos 90, e como resultado pasou algún tempo na cadea.

Stone Temple Pilots estivo en hiato tras o lanzamento de Tiny Music..., e Weiland publicou un álbum en solitario en 1998 chamado 12 Bar Blues. Weiland compuxo a meirande parte dos temas do disco e colaborou con varios artistas, destacando entre eles Daniel Lanois, Sheryl Crow, Brad Mehldau e Jeff Nolan. En 1999, STP reuniuse novamente e editou No. 4. Este traballo contiña o exitoso sinxelo "Sour Girl" que tiña un surrealista videoclip con Sarah Michelle Gellar. Ese mesmo ano Weiland tamén gravou dúas cancións co supergrupo de curta vida The Wondergirls. Durante ese período Weiland pasou cino meses na cadea por posesión de drogas.

En novembro de 2000 Weiland foi convidado a actuar no programa VH1 Storytellers cos membros superviventes de The Doors. Scott fixo as voces en dous temas da banda, "Break on Through (To the Other Side)" e "Five to One". Ese mesmo mes Stone Temple Pilots apapeceu no CD tributo a The Doors Stoned Immaculate, coa súa propia versión de "Break on Through" como tema principal. O 19 de xuño de 2001 STP publicou o seu quinto álbum, Shangri-La Dee Da. Ese mesmo ano o grupo realizou a xira Family Values Tour xunto con Linkin Park e Staind.[5] A finais de 2002 Stone Temple Pilots separouse despois de que Weiland e os irmáns DeLeo tivesen importantes enfrontamentos.

Velvet Revolver editar

En 2002 os antigos membros de Guns N' Roses Slash, Duff McKagan e Matt Sorum, ademais do antigo guitarrista de Wasted Youth Dave Kushner, buscaron un vocalista para formar unha nova banda. Ao longo da súa carreira Weiland coñecera aos catro músicos; fixérase amigo de McKagan tras asistir ao mesmo ximnasio, estivo en rehabilitación ao mesmo tempo que Sorum e unha vez tocara no mesmo proxecto con Kushner. Enviáronlle dous discos de material para que traballase con el, pero sentiu que o primeiro deles "soaba como Bad Company pero mal". Cando lle enviaron o segundo Weiland foi máis positivo, comparándoo coa época do Core de Stone Temple Pilots, aínda que os rexeitou porque STP aínda non se separara.

Cando Stone Temple Pilots disolveuse en 2003, a banda envioulle a Weiland música nova, que levou ao seu estudio para engadirlle voces. Esta música finalmente converteuse na canción "Set Me Free". Aínda que entregou a música persoalmente ao grupo, Weiland aínda non estaba seguro de querer unirse a eles. Xuntos gravaron dous temas co produtor Nick Raskulinecz, "Set Me Free" e unha versión do "Money" de Pink Floyd, para as bandas sonoras das películas The Hulk e The Italian Job respectivamente. Weiland uniríase á banda pouco despois, e "Set Me Free" chegaría ao número 17 da lista Mainstream Rock sen ningún tipo de promoción na radio ou dun selo. Foi antes dunha proxección de The Hulk en Universal Studios cando o grupo escolleu nome.

Notas editar

  1. Billboard (ed.). "Scott Weiland, Former Stone Temple Pilots Singer, Dead at 48". Consultado o 4 de decembro de 2015. 
  2. Below Empty (ed.). "Stone Temple Pilots". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  3. Spin (ed.). "Purple Love and Understanding". Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  4. Amazon.com (ed.). "Working Class Hero: A Tribute to John Lennon". Consultado o 8 de decembro de 2015. 
  5. MTV (ed.). "Aaron Lewis Assists STP, Linkin Park On Family Values CD". Consultado o 8 de decembro de 2015.