Scott Carpenter

Astronauta estadounidense

Malcolm Scott Carpenter foi un astronauta estadounidense que pilotou unha cápsula Mercury durante a misión Mercury-Atlas 7. Pasou un total de 4 horas e 56 minutos no espazo.[1][2]

Infotaula de personaScott Carpenter

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1925 Editar o valor em Wikidata
Boulder, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 2013 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Denver, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteIctus Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colorado en Boulder
Academia Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir
Escola de Piloto de Teste Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir
Universidade de Colorado
Boulder High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta (1959–1967), piloto de probas , aviador , escritor , autobiógrafo , aquanauta (pt) Traducir , Enxeñeiro de aviación Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNASA, astronauta Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rango militarCommander (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Corea Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo4 horas e 56 minutos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
Familia
PaiMarion Scott Carpenter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webscottcarpenter.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0139453 WikiTree: Carpenter-2439 Find a Grave: 118479423 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carpenter naceu o 1 de maio de 1925 en Boulder, Colorado, e faleceu o 10 de outubro de 2013 aos 88 anos. Era graduado en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Colorado en 1949, o mesmo ano no que entrou na Armada dos Estados Unidos. Participou na Guerra de Corea como piloto no Escuadrón Seis. Posteriormente estudou na Escola Naval de Pilotos de Proba de Patuxent River, Maryland, en 1954, e fixo voos de proba de diversas aeronaves.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA como un dos sete astronautas Mercury orixinais o 9 de abril de 1959. Tras un adestramento intensivo foi, en primeiro lugar, o astronauta substituto de John Glenn para a misión Mercury-Atlas 6, e logo foi o elixido para a seguinte misión, o segundo voo orbital dun astronauta americano. A engalaxe tivo lugar o 24 de maio de 1962, e tras pilotar a súa cápsula Aurora 7 durante tres voltas á Terra, amarou no océano Atlántico. O voo durou un total de 4 horas e 46 minutos.[1][2]

Carpenter non volvería ao espazo, pero participou no programa SEALAB II da Armada e foi nomeado pola NASA Asistente Executivo do Director do Centro de Voos Espaciais Tripulados. Tamén tivo parte no adestramento dos astronautas do proxecto Apollo. En 1967 foi asignado como Director de Operacións de Acuanautas durante o experimento SEALAB III. Retirouse da Armada en 1969, fundando Sear Sciences, Inc., unha firma para o desenvolvemento de programas dirixidos a un mellor uso dos recursos mariños e a mellorar a saúde do planeta, chegando a traballar intimamente con Jacques-Yves Cousteau e os membros do Calypso. Axudou no deseño de equipamento para mergullo e natación. Escribiu dúas novelas, ambas ambientadas en contornas mariñas. Faleceu o 10 de outubro de 2013.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 NASA, ed. (2018). "SCOTT CARPENTER NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Mark Wade (2018). "Carpenter, Malcolm Scott" (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar