Scipione Rebiba, nado o 3 de febreiro de 1504 en San Marco d'Alunzio (Reino de Nápoles) e finado en Roma o 23 de xullo de 1577, foi un cardeal da Igrexa Católica.

Infotaula de personaScipione Rebiba

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1504 Editar o valor em Wikidata
San Marco d'Alunzio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 1577 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaRoma Editar o valor em Wikidata
Cardeal bispo diocese de Albano
1573 (Gregoriano) – 1574 (Gregoriano)
← Giovanni Ricci (pt) TraducirFulvio Giulio della Corgna (pt) Traducir →
Camarlengo do Colexio Cardenalicio
1565 (Gregoriano) – 1567 (Gregoriano)
← Giovanni Battista Cicala (pt) TraducirGianantonio Capizucchi (pt) Traducir →
Bispo diocesano
19 de xuño de 1560 – 4 de setembro de 1560
← Ferdinando Pandolfini (en) TraducirProspero Rebiba (en) Traducir →
Arcebispo católico
13 de abril de 1556 –
← Onofrio Bartolini (en) Traducir
Diocese: Arquidiocese de Pisa (pt) Traducir
Cardeal
20 de decembro de 1555 – 23 de xullo de 1577 (Gregoriano)
Bispo diocesano
12 de outubro de 1551 –
← Angelo Pasquali (en) TraducirCesare Gesualdo (en) Traducir →
Bispo titular
16 de marzo de 1541 (Gregoriano) –
Diocese: Diocese of Amyclae (en) Traducir
Bispo auxiliar
16 de marzo de 1541 (Gregoriano) –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1541–), sacerdote católico (1528 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
Participou en
12 de maio de 1572conclave de 1572
20 de decembro de 1565conclave de 1565-1566
5 de setembro de 1559conclave de 1559 Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 246201820 Editar o valor em Wikidata

E de particular significación porque a maioría dos bispos católicos vivos,[1] máis dun 95%,[2] poden trazar a súa liñaxe episcopal até el.

Traxectoria editar

Scipione Rebiba naceu en San Marco d'Alunzio, na diocese de Patti da illa de Sicilia. Foi o segundo dos tres fillos que tivo o matrimonio de Francesco Rebiba e Antonia Filingeri, e estudou dereito e teoloxía en Palermo, onde vivía o seu tío Girolamo Filingeri, conde de S. Marco.[3]

Foi ordenado entre 1524 e 1528, cando Giovanni Carandolet era arcebispo de Palermo e recibiu o encargo de atender a igrexa de Santa Maria dei Miracoli en Palermo.

Trasladouse a Roma entre 1536 e 1537, onde entrou en contacto coa Orde dos Cregos Regulares (teatinos) que fundara Gian Pietro Carafa, arcebispo de Chieti.

O 16 de marzo de 1541 foi nomeado Bispo auxiliar da arquidiocese de Chieti, rexida polo propio Carafa, e Bispo titular de Amyclae. O propio Carafa, xa papa Paulo IV, elevaríano a cardeal no consistorio do 20 de decembro de 1555.[3] Cando Carafa foi transferido á arquidiocese de Nápoles elixiu a Scipione como vigairo. Logo de novembro de 1949 volveu a Roma e traballou na Curia.

O 12 de outubro de 1551 foi nomeado Bispo de Motula e en 1553 foi nomeado membro do Santo Oficio (presidido polo seu mentor Gian Pietro Carafa) e delegado da inquisición en Nápoles. O 13 de abril de 1556 foi nomeado arcebispo de Pisa. Pouco antes disto, fora nomeado legado ante o Rei Filipe II de España para felicitarlle polo tratado que puxo fin á guerra italiana de 1551 - 1559. Volveu a Roma logo de que Filipe II declarara a guerra ao papa Paulo IV e comezou a quitarlle terreos aos Estados Pontificios. A guerra non rematou até que o Cardeal Carlo Carafa, sobriño do papa, aceptou todas as condicións de rendición de Fernando Álvarez de Toledo, Duque de Alba.

Por un breve tempo ocupou o cargo de Arcebispo na diocese de Troia, en 1560, mais renunciou en favor do seu sobriño Prospero Rebiba. Até a súa morte ocupou diversos cargos en Roma, e foi Patriarca Titular de Constantinopla (1565-1573), Cardeal-Presbítero de Sant'Anastasia, Sant'Angelo in Pescheria e Santa Maria in Trastevere, e finalmente Cardeal-Bispo de Albano e Sabina. Finou o 23 de xullo de 1577.

O Cardeal Rebiba e a sucesión apostólica editar

Artigo principal: Sucesión apostólica.

Hoxe a maioría dos bispos católicos vivos poden trazar a súa liñaxe episcopal até Rebiba.[2] Isto pódese explicar en gran parte porque, a comezos do século XVIII o papa Bieito XIII, descendente de Rebiba, consagrou persoalmente canto menos 139 bispos para varias sedes episcopais europeas e americanas de grande importancia.[4] Estes bispos, pola súa parte, consagraron á maioría dos bispos dos seus respectivos países, provocando que outras liñaxes episcopais se extinguiran. Outros papas procedentes desta liñaxe, como Clemente XIII ou Bieito XIV tamén ordenaron a un gran número de bispos, multiplicando esta liña.

Porén, aínda que se coñece a data da consagración episcopal de Rebiba, o 16 de maio de 1541, descoñécese quen foi quen o consagrou como bispo. Asúmese polo xeral que sería o propio Gian Pietro Carafa, de quen foi bispo auxiliar e quen o nomeou cardeal, e ao que permaneceu unido durante a súa carreira eclesiástica. Aínda así non hai evidencia disto.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ranuccio Farnese
 Patriarca Titular de Constantinopla 
1565 - 1573
Sucesor:
Prospero Rebiba
Predecesor:
Giovanni Ricci
 Cardeal-Bispo de Albano 
1573 - 1574
Sucesor:
Fulvio Giulio della Corgna
Predecesor:
Giovanni Ricci
 Cardeal-Bispo de Sabina 
1574 - 1577
Sucesor:
Giacomo Savelli

Notas editar

  1. Robert David Redmile (2006). Xulon Press, ed. The Apostolic Succession and the Catholic Episcopate in the Christian Episcopal Church of Canada (en inglés). p. 265. 
  2. 2,0 2,1 Charles N. Bransom (1990). Conferencia dos Bispos Católicos dos Estados Unidos, ed. Ordinations of U.S. Catholic bishops, 1790-1989 (en inglés). p. 7. 
  3. 3,0 3,1 Salvador Miranda, Rebiba, Scipione - The Cardinals of the Holy Roman Church Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Florida International University, (en inglés).
  4. Pope Benedict XIII, en Catholic Hierarchy, (en inglés).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • RINAUDO, Basilio (2007). L'Ascesa, ed. Il cardinale Scipione Rebiba (1504-1577). Vita e azione pastorale di un vescovo riformatore (en italiano). ISBN 9788890303906. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar