Scapegoat: The Jews, Israel, and Women's Liberation

Scapegoat: The Jews, Israel, and Women's Liberation é un libro escrito pola feminista radical e activista estadounidense de orixe xudía Andrea Dworkin.

Scapegoat: The Jews, Israel, and Women's Liberation
Autor/aAndrea Dworkin
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LinguaInglés
Tema(s)Feminismo radical, xudeus e Israel
EditorialFree Press
Data de pub.2000
Páxinas436
ISBN0-684-83612-2
Precedido porLife and Death: Unapologetic Writings on the Continuing War Against Women
Seguido porHeartbreak: The Political Memoir of a Feminist Militant
editar datos en Wikidata ]

Tese editar

Dworkin comeza cunha análise sobre o antisemitismo e a misoxinia na historia mundial, facendo unha comparación entre a opresión das mulleres coa persecución da comunidade xudía.[1] Trata as políticas sexuais do xudaísmo e o antisemitismo, e pide o establecemento dunha patria de mulleres como resposta á opresión do sexo feminino, do mesmo xeito que o movemento sionista estableceu un estado de xudeus.[2][3][4]

Notas editar

  1. Nikki Craft. "The Andrea Dworkin Lie Detector". No Status Quo. Consultado o 8 de xullo de 2009. 
  2. Dworkin, Andrea, Scapegoat: The Jews, Israel, and Women's Liberation (N.Y.: Free Press, 2000 (ISBN 0-684-83612-2)), pp. 246, 245–246, 336, & 248.
  3. Take No Prisoners, in The Guardian, May 13, 2000, consultado o 6 de setembro de 2010.
  4. Ouma, Veronica A., Dworkin's Scapegoating, in Palestine Solidarity Review (PSR), outono de 2005 Arquivado 08 de decembro de 2010 en Wayback Machine., consultado o 21 de outubro de 2010 (citando, en parte, Scapegoatid., pp. 336 e 337).