Tipo de estafa on-line que consiste en enganar a xente ofrecendo postos de traballo desde a súa casa e gañando bastantes cartos, pero antes teñen que enviarlles á empresa unha cantidade de cartos para que lle poidan enviar o material necesario; este nunca chega, e o estafador queda cos cartos.

Existen diversos sitios web que axudan a detectar se un correo electrónico recibido é scam ou non, entre eles [1] ou tamén podes descargar esta axuda para Internet Explorer 6 en diante, máis información (en inglés) en McAfee of United States

As cadeas de correos electrónicos enganosas poden ser scams se hai perda monetaria e hoax (bulo) cando só hai engano.