Scalabis

cidade da Lusitania entre Olisipo e Emerita

Scalabis foi unha cidade da Lusitania, sita entre Olisipo (hoxe Lisboa) e Emerita (a actual Mérida). Plinio o Vello indica que era colonia romana (Praesidium Julium Scalabium) e sede dun convento xurídico. Ptolemeo menciónaa, erradamente, como Σκαλαβίσκος, probabelmente por corrupción de Σκαλαβίς κολ. (κολωνία). É a moderna cidade portuguesa de Santarém, co curso medio do río Texo.