Say What You Will, Clarence... Karl Sold the Truck

Say What You Will, Clarence... Karl Sold the Truck é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Soul Asylum, publicado o 24 de agosto de 1984 a través do selo Twin/Tone Records.

Say What You Will, Clarence... Karl Sold the Truck
Álbum de Soul Asylum
Publicado24 de agosto de 1984
Gravación1981-1984
Duración41:11
Xénero(s)punk rock
Selo(s)A&M Records, Twin/Tone Records
Producido porBob Mould
Cronoloxía
- Say What You Will, Clarence... Karl Sold the Truck Made to Be Broken

A versión orixinal, titulada Say What You Will... Everything Can Happen, estaba formada por nove cancións e vendeu 6 738 copias en vinilo e 2 639 en casete. O disco foi reeditado co seu novo nome en CD en 1988 con cinco temas extra. Esas cinco cancións estiveran anteriormente dispoñibles só no casete Time's Incinerator (1986).

"Karl Sold the Truck" refírese ao baixista Karl Mueller vendendo a súa pickup Chevrolet por unha furgoneta Dodge máis grande que sería o seu transporte durante a súa xira de 1984.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Dave Pirner.

  1. "Draggin' Me Down" - 2:08
  2. "Long Day" - 2:46
  3. "Money Talks" - 2:32
  4. "Voodoo Doll" - 3:42
  5. "Stranger" - 3:44
  6. "Do You Know" - 1:54
  7. "Sick of That Song" - 0:52
  8. "Religiavision" - 5:09
  9. "Spacehead" - 2:08
  10. "Walking" - 2:20
  11. "Broken Glass" - 2:23
  12. "Masquerade" - 5:16
  13. "Happy" - 2:45
  14. "Black and Blue" - 3:27