Sassafras

xénero de plantas

Sasafrás

Sassafras albidum
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Laurales
Familia: Lauraceae
Xénero: Sassafras
Especies

Véxase no texto.

Sinonimia

Sassafras é un xénero de árbores caducifolias da familia Lauraceae, nativo do leste de América do Norte e leste de Asia.[2]

Descrición editar

Estas árbores crecen entre 9 a 18 m cunha extensión de copa de 75 a 12 m.[3] O tronco pode medir uns 70 a 150 cm de diámetro. A ramificación é simpodial, con numerosas pólas esveltas de suave casca cor marrón alaranxada. A casca do tronco maduro é grosa, de cor marrón arroibado e profundamente sucada. A madeira é lixeira, dura, e ás veces crebadiza. Todas as partes da planta son moi fragantes.

As especies son excepcionais ao ter 3 distintos patróns de folla: oval non lobulada, bi-lobulada (con forma de luva) e tri-lobulada; case nunca penta-lobuladas.[4] Ten bordos lisos e crecen de 7 a 20 cm de longo por 5–10 cm de largo. As follas novas e abrollos son mucilaxinosos e segregan unha esencia cítrica ao esmagalas. As pequenas flores amarelas teñen 5 pétalos e florecen en primavera, son unisexuais, con flores femia e macho en árbores separadas. Os froitos de 1 centímetro de longo, son de cor azul negruzco con forma de ovo rodeados por cascarillas de bordos arroibados. Maduran a finais de verán.[5]

Etimoloxía editar

O nome de sasafrás atribúeselle ao destacado botánico español Nicolás Monardes (s. XVI). Disque é unha corrupción da palabra española saxifraga. Tamén foi coñecida co nome de "pauame" polos nativos americanos.

Especies editar

Consta de tres especies e unha extinta:[6]

Usos editar

O aceite esencial destilado da casca, raíces e do froito foi usado como fragrancia en perfumes e xabóns, na comida (té de sasafrás e saborizante de doces) e para aromaterapia. Tamén se usou como analxésico e como antiséptico en enfermidades dentais. O miolo utilízase para calmar a inflamación de ollos e o catarro leve.

A raíz ou a codia da raíz usouse tamén para facer infusións. As diversas partes da árbore eran usadas para dar sabor a refrescos como a cervexa de raíz, coñecida tamén como root beer ou zarzaparrilla, cun sabor característico que lle vén da casca do sasafrás. As follas son usadas en mollos e sopas, e cando son secadas e moídas son coñecidas como "po filé", un adubo para a sopa de mariscos e outros pratos de Luisiana.

Disque o aroma do aceite de sasafrás serviu como base de repelentes de mosquitos e outros insectos, o que a fixo unha excelente planta de ornato. Un colorante amarelo obtíñase da madeira.

Compoñente activo editar

O safrol é o principal compoñente (70 a 80%) do aceite esencial, foi identificado polo Departamento de Agricultura dos Estados Unidos como un posible carcinóxeno. O aceite de sasafrás foi a fonte preferida para a síntese de (3,4-metilendioxianfetamina) tamén chamado MDA e os seus derivados MDMA (éxtase) e MDE (eva), de maneira clandestina. Por iso a súa venda está vixiada pola DEA.

Notas editar

  1. Sinonimia en APWeb
  2. Nie, Z.-L., Wen, J. & Sun, H. (2007). "Phylogeny and biogeography of Sassafras (Lauraceae) disjunct between eastern Asia and eastern North America". Plant Systematics and Evolution 267: 191–203. doi:10.1007/s00606-007-0550-1. 
  3. Dirr, Manual of woody landscape plants. Páxina 938.
  4. Noble Plant Image Gallery Sassafras (inclúe foto de folla penta-lobulada) Arquivado 03 de abril de 2016 en Wayback Machine.
  5. Flora of North America: Sassafras
  6. Wolfe, Jack A. & Wehr, Wesley C. 1987. The sassafras is an ornamental tree. "Middle Eocene Dicotyledonous Plants from Republic, Northeastern Washington". United States Geological Survey Bulletin 1597:13

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar