Saqueo de Roma (1527)

O Saqueo de Roma aconteceu o 6 de maio de 1527, cando dezaoito mil soldados do exército Imperial de Carlos V e mercenarios alemáns comandados por Jorge de Frundsberg, ao servizo do Condestable de Borbón, tomaran de asalto a Cidade Eterna. Este episodio terrible, que se inclúe na segunda guerra entre o emperador Carlos V e o rei Francisco I de Francia, acabou coa preeminencia do papado Renacentista. O saqueo foi horrible, mesmo de acordo cos padróns da época, tendo as tropas saqueado a cidade durante oito días. Un baño de sangue correu polas rúas da cidade, e por todos os lados verificáronse pillaxes, violacións e torturas contra a poboación.

Carlos I de España e V de Alemaña.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar