O sapo raxado[2] ou sapo pinto[3] (Discoglossus galganoi) é unha especie de Ranidae que vive na Península Ibérica. Atópase ameazada de extinción pola perda do seu hábitat natural.

Sapo raxado
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Alytidae
Xénero: Discoglossus
Especie: D. galganoi
Nome binomial
Discoglossus galganoi
Capula, Nascetti, Lanza, Bullini e Crespo, 1985.

Sinonimia
  • Discoglossus hispanicus, Lataste, 1879.
  • Discoglossus galganoi, Capula, Nascetti, Lanza, Bullini e Crespo, 1985.
  • Discoglossus galganoi galganoi, Nascetti, Capula, Lanza yeBullini, 1986.

Descrición editar

Sapo de pequeno tamaño de 45 a 75 mm, de cabeza achatada, case tan longa como ancha, e fociño obtusamente puntiagudo. De pel lisa ou con pequenas granulacións de cor moi variable, dende tonalidades pardas, rosáceas, verdosas ou case negras.[4]

Distribución editar

Endemismo ibérico, a súa área de distribución comprende Portugal e a metade occidental da España peninsular. En España, está presente en toda Galicia, e esténdese polo leste por Asturias e a maior parte da cornixa cantábrica, polo norte e oeste de Castela e León, zonas de Ávila, Estremadura, suroeste da Comunidade de Madrid e serra de Guadarrama, a maior parte da provincia de Toledo e Cidade Real e Andalucía occidental até o val do Guadalquivir.

Hábitat editar

Ocupa unha gran variedade de hábitat, case sempre sobre substratos silícios ou metamórficos, en zonas abertas, en ríos e regatos, en zonas de elevada humidade con abondosa de vexetación herbácea, que lle serve de refuxio.[1]

Ameazas editar

A alteración e destrución directa dos medios acuáticos, os impactos dos cultivos agrícolas e a contaminación química dos cursos de auga. A depredación directa do cangrexo de río americano, está minguando as súas poboacións.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Jaime Bosch, Pedro Beja, Miguel Tejedo, Miguel Lizana, Iñigo Martínez-Solano, Alfredo Salvador, Mario García-París, Ernesto Recuero Gil, Carmen Diaz Paniagua, Valentin Pérez-Mellado, Rafael Marquez (2008). "Discoglossus galganoi". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2013-12-08. 
  2. Vocabulario forestal, páx. 191, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
  3. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
  4. 4,0 4,1 Arie van der Meijden; Vance Vredenburg (28 de marzo de 2004). AmphibiaWeb, ed. "Discoglossus galganoi". Consultado o 8 de decembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Bosch, J., Beja, P., Tejedo, M., Lizana, M., Martínez-Solano, I., Salvador, A., García-París, M. & Gil, E.R. 2004. Discoglossus galganoi

Ligazóns externas editar