Sap

EP de Alice in Chains

Sap
EP de Alice in Chains
Data de edición: 4 de febreiro de 1992
Lanzamento:
Datas de gravación: outono de 1991
Estudio(s) de gravación: London Bridge Studio, Seattle, Washington
Duración: 20:49
Xénero musical: grunge, rock alternativo
Selo discográfico: Columbia Records
Producido por: Alice in Chains, Rick Parashar, Dave Jerden
Cronoloxía
Facelift Sap Dirt

Sap é un EP da banda estadounidense de grunge Alice in Chains, editado o 4 de febreiro de 1992 a través do selo Columbia Records.

Tras a xira do seu álbum Facelift, Alice in Chains entrou no estudio para gravar demos para o seu seguinte traballo, e rematou rexistrando cinco temas acústicos na súa vez. mentres estaban no estudio o batería Sean Kinney tivo un soño sobre "facer un EP chamado Sap"[1]. A banda decidiu "non meterse co destino", e Sap foi gravado en 1991 cos produtores Rick Parashar e Dave Jerden.

Listaxe de cancións editar

Letras e música compostas por Jerry Cantrell agás onde se indique.

N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "Brother"     4:27
2. "Got Me Wrong"     4:12
3. "Right Turn"     3:17
4. "Am I Inside"  Layne Staley  5:09
5. "Love Song" (canción oculta) Cantrell, Staley, Kinney, Starr 3:44
20:49

Notas editar

  1. "Glickman, Simon. "Enotes - Alice in Chains".". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 14 de maio de 2012.