Santurce, San Xoán

Santurce é un barrio do municipio de San Xoán, en Porto Rico. Segundo o censo do ano 2010, posuía unha poboación de 81.251 habitantes conservándose como o barrio máis poboado de todo Porto Rico, aínda e despois de perder máis da metade da poboación dende que alcanzou o seu máximo histórico no censo de 1950. Posúe ademais unha superficie terrestre de 13,57 km² (5,25 millas²) e unha densidade de 5.987,5 hab. /km² (15.507,7 hab./milla²). Dita densidade fai de Santurce unha das zonas máis densamente poboadas de toda a illa.

Condado e Miramar

O nome do barrio xorde en 1880 en honor a Pablo Ubarri y Capetillo, I Conde de San José de Santurce, quen era orixinario da localidade biscaíña de Santurtzi, no País Vasco. Previamente e dende que o territorio for anexado á capital en 1862, o barrio era coñecido como Cangrejos. O devandito barrio foi a sede do centro urbano do disolto municipio de San Mateo de Cangrejos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar