Santuario de Panóias

santuario galaico-romano preto de Vila Real

O Santuario de Panóias, tamén designado por Fragas de Panóias, é un santuario galaico-romano erixido entre finais do século II ou comezos do III d.C. que se localiza no concello portugués de Vila Real.

Santuario de Panóias
PaísPortugal e Roma Antiga
Coordenadas41°17′00″N 7°47′55″O / 41.28333333, -7.79861111Coordenadas: 41°17′00″N 7°47′55″O / 41.28333333, -7.79861111
editar datos en Wikidata ]

O santuario está composto por varias laxes ou penedos nos hai labradas pías e foron atopadas diferentes inscricións en latín e unha en grego onde se explican os rituais que se realizaban, onde tiñan lugar, a que deuses se ofrecían os sacrificios e quen facía estes rituais. Estas inscricións contextualizadoras son as que fan único este santuario e por iso estudosos de diferentes países se teñen interesado polo recinto.

Até hai algúns anos, o santuario abandonado, a pesar de ser único na Península Ibérica e de ser recoñecido como monumento nacional desde hai case cen anos. A partir de 2001 foi delimitado e valado o conxunto histórico e foron construídas algunhas infraestruturas co obxectivo de pór en valor este monumento. Por este motivo conta hogano cun propio centro de interpretación e a posibilidade de acceso ao parque con visitas guiadas e a visualización dun vídeo explicativo nunha antiga casa de labranza rehabilitada para centro de interpretación.