Santuario de Nosa Señora das Ermidas

construción relixiosa nas Ermidas, no concello do Bolo

O Santuario de Nosa Señora das Ermidas é un templo relixioso de arquitectura barroca situado na parroquia das Ermidas (O Bolo) e pertence eclesiasticamente á diocese de Astorga. Está declarado Ben de Interese Cultural.

Santuario de Nosa Señora das Ermidas
Fachada do Santuario das Ermidas
PaísEspaña
LocalizaciónAs Ermidas (O Bolo)
Coordenadas42°17′32″N 7°08′19″O / 42.29235, -7.138592Coordenadas: 42°17′32″N 7°08′19″O / 42.29235, -7.138592
DioceseDiocese de Astorga
editar datos en Wikidata ]
Fachada do Santuario das Ermidas.

A súa arquitectura resalta ao asentarse no reborde dunha rochosa e empinada montaña. Atópase nunha profunda garganta do río Bibei, nunha localización privilexiada pola beleza da súa paisaxe.

Arquitectura editar

A fachada do Santuario foi edificada entre 1713 e 1726 por Juan Martínez Pita; pouco posterior a ela é o Vía Crucis construído en 1730 e composto por 14 capelas que contiñan 62 estatuas. O exterior dos fornelos preséntase moi sinxelo, pola contra o interior está decorado con esculturas que representan a Paixón de Cristo, seguindo o modelo do Bom Jesus do Monte de Braga edificado en 1723. E como para o Sacro Monte portugués algunhas capelas foron asociadas a unhas fontes.

Trátase de obras figurativas únicas no seu xénero, non só en Galicia, porque a idea de reproducir "de verdade" as estacións da Paixón de Cristo expresouse en España maiormente nos grupos de estatuas que se sacan en procesión con ocasión da Semana Santa.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar