Santi Abad

baloncestista español

Santiago Abad Viciano, coñecido como Santi Abad, nado o 24 de xullo de 1969 en Barcelona, é un ex xogador profesional de baloncesto español que comezou a súa carreira como profesional en 1985, con tan só 15 anos, no equipo do R.C.D.Español. Cunha altura de 2,03 metros xogaba de aleiro.

Santi Abad
Posición Aleiro
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Nacemento 24 de xullo de 1969 (54 anos)
Barcelona, Cataluña
Carreira
Tempadas 19852002
Canteira Bon Pastor/Espanyol
Internacional 16 veces
Equipo(s)
Español-Juver (1985–1986)
GIN MG Sarriá (1986–1987)
IFA Español (1987–1988)
FC Barcelona (1988–1989)
Grupo IFA Granollers (1989–1991)
Taugrés Vitoria (1991–1992)
Juver Murcia (1992)
Juventud Alcalá (1992)
Sant Cugat (1993–1994)
Taugrés Vitoria (1993–1995)
Real Madrid (1995–1996)
Cáceres (1996–1997)
Taugrés Vitoria (1997–1998)
Breogán Universidade (1998–1999)
Peristeri Atenas (1999–2000)
CB Montcada (2000)
Cantabria Lobos (2001)
Cáceres (2001–2002)
Estatísticas (ACB)
Puntos     2 801 (7,7 pp)
Rebotes     1 291 (3,5 pp)
Asistencias     306 (0,8 pp)
Premios

Traxectoria editar

Naceu en Barcelona, o 24 de xullo de 1969. Mide 2,03 metros de altura e xogaba na posición de aleiro ou ala pivote. Saíu da canteira do Bon Pastor de Barcelona, sendo rexeitado nun primeiro momento polo principal equipo de baloncesto da cidade, o FC Barcelona, acabando nas filas do R.C.D.Español.

Como profesional chegou a xogar en máis de dez equipos diferentes. O seu forte carácter influíu notablemente ao longo de toda a súa carreira. Foi considerado, na súa etapa de júnior, como un dos xogadores españois con máis talento. Entre os seus títulos como xogador, destacar o campionato da Liga ACB co FC Barcelona en 1989, e a Copa do Rei conseguida co TAU Baskonia en 1995.

Disputou, durante a súa traxectoria profesional, 364 partidos da máxima competición española, con medias de 7,7 puntos e 3,5 rebotes por partido. Foi internacional coa Selección de baloncesto de España en 16 ocasións.

Clubs editar

Palmarés editar

Títulos internacionais de club editar

Títulos nacionais de club editar

Consideracións persoais editar

  • Elixido "Mellor Sexto Home" da Liga ACB da tempada 1993-1994 pola revista "Gigantes del Superbasket".

Vida posterior editar

En 2009 entrou a formar parte dos concursantes dun reality show emitido pola cadea de televisión española Telecinco chamado Supervivientes (do castelán: Sobrevivintes).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar