Santa María la Blanca

Santa María la Blanca está situada na cidade de Toledo. Construída no século XII como sinagoga, foi posteriormente transformada en igrexa. Na actualidade o edificio pertence á Igrexa Católica, pero non se realiza culto nel. Atópase aberto ao público e funciona como museo.

Santa María la Blanca
PaísEspaña
Coordenadas39°51′25″N 4°01′50″O / 39.85694444, -4.03044444Coordenadas: 39°51′25″N 4°01′50″O / 39.85694444, -4.03044444
DioceseArquidiocese católica latina de Toledo
Estiloarquitetura mourisca
editar datos en Wikidata ]
Arcos de ferradura no interior do edificio
Santa María la Blanca, Heliogravure 1889

Arquitectura editar

Construído no 1180 (segundo testemuña a inscrición visible nunha das súas trabes, este edificio mudéxar posúe cinco naves separadas por piares sobre os que descansan arcos de ferradura. Se ben existe certo contraste entre a sobriedade do exterior da sinagoga e o seu elaborado interior, o edificio presenta non pouca austeridade. Conforme á tradición oriental, o mesmo 'vive' para o interior. Esta sinagoga tivo considerable influencia sobre outras sinagogas españolas; tal é o caso, por exemplo, da sinagoga de Segovia.

Estilo editar

 

Trátase dunha construción mudéxar, creada por canteiros árabes. Os seus elementos de arquitectura inclúen paredes brancas e lisas, feitas de ladrillo, arcos de ferradura e piares octogonais, decoración xeométrica nos frisos e vexetal nos capiteis dos piares. Todas estas características e a distribución dos espazos, coas súas naves formadas pola sucesión de arcos de ferradura soportados por piares, tenden a lembrar a tipoloxía propia dunha mesquita. Non obstante, no século XIX, a articulación interior e estilo mourisco de Santa María la Blanca serviron de modelo para importantes sinagogas europeas e americanas.

Os trinta e dous piares deste templo son de ladrillo recuberto por cemento e cal. Ornados de piñas e volutas, os seus capiteis denotan influencia da arte románica. Por riba dos arcos de ferradura prevalece a ornamentación abstracta en frisos horizontais que inclúe molduras con delicados motivos baseados na interacción de liñas e medallóns. Os entrelazados xeométricos formados polas liñas son de orixe almohade.

Historia editar

 

En 1260, a comunidade xudía de Toledo obtivo un permiso extraordinario do rei Afonso X para reconstruír "a maior e máis fermosa sinagoga de España", sendo isto oposto a unha bula do Papa Inocencio IV. O edificio foi erixido en territorio cristián (Reino de Castela) por construtores árabes e tivo como comitente e financista á comunidade xudía de Toledo, representada por don Yosef ben Shoshan. Unha vez acabado, o edificio foi denominado "Sinagoga Maior" pois era o principal centro de culto hebreo na cidade. Xa desde os seus inicios, ese templo formaba parte das dez sinagogas toledanas tidas en conta por Yehuda ben Shlomo al-Jarizi nos seus escritos do século XII.

"Vin á extensa cidade de Toledo, capital do reino, que está revestida do encanto da dominación e ornada coas ciencias, mostrando aos pobos e príncipes a súa beleza. [...] Cantas sinagogas hai nela de beleza incomparable! Alí toda o alma loa ao Señor".[Cómpre referencia]

Durante anos os hebreos acudiron á Sinagoga Maior para orar e estudar a Torá, mais isto foi interrompido polo asalto á xudaría en 1355, así coma polas matanzas en 1391. O edificio foi convertido en igrexa da Orde de Calatrava baixo a advocación da Virxe en 1411 e, desde entón, se denominouno "Igrexa de Santa María a Branca". En 1550, o cardeal Siliceo transformouna nun beaterio para mulleres arrepentidas de ter unha conduta socialmente considerada coma indecorosa. De entón data o retablo da escola de Alonso Berruguete. As transformacións no encabezamento do edificio son desta época e estiveron a cargo do arquitecto Alonso de Covarrubias. Entre 1600 e 1701 o edificio permaneceu desocupado. Durante o século XVIII foi cuartel das tropas da gornición de Toledo. Coa invasión napoleónica de principios do século XIX converteuse en depósito. A mediados do mesmo século foi declarado Monumento Histórico Nacional e, trala Guerra Civil española, un Real Decreto do Goberno cedeuno á Igrexa Católica. Con todo, non é para nada infrecuente referirse a dito edificio como a "Sinagoga de Santa María a Branca".

Singularidade editar

O templo en cuestión constitúe un importante exemplo de cooperación entre as tres grandes comunidades monoteístas da España medieval: cristiá, hebrea e musulmá. É tamén símbolo da súa pacífica coexistencia na Península Ibérica ao longo de case toda a Idade Media.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar