Sant Josep de sa Talaia

Sant Josep de sa Talaia é un concello da illa de Eivissa, no arquipélago das Illas Baleares. Tiña unha poboación de 24.691 habitantes en 2012. É o concello máis meridional da illa e nel atópase o aeroporto.

Modelo:Xeografía políticaSant Josep de sa Talaia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°55′18″N 1°17′36″L / 38.92167, 1.29333Coordenadas: 38°55′18″N 1°17′36″L / 38.92167, 1.29333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Baleares
Provincia históricaprovincia de Baleares
IllaEivisa Editar o valor em Wikidata
CapitalSant Josep de sa Talaia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación29.506 (2023) Editar o valor em Wikidata (186,51 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie158,2 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude475 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosep Marí Ribas (en) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal07830 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE07048 Editar o valor em Wikidata

Páxina websantjosep.org Editar o valor em Wikidata
Igrexa de Sant Josep

Historia editar

O municipio corresponde co antigo Quartó de ses Salines que correspondeu a Guillem de Montgrí no repartimento da illa despois da conquista de 1235. A zona era chamada polos musulmanes Algarb.

No Decreto de Nova Planta de 1716 suprímense os organismos territoriais e toda a illa pasa ao novo Concello de Eivisa.

Nas Cortes de Cádiz en 1812 reorganízase o territorio e créase o municipio de San José Obrero. Coa Lei 3/1986, de normalización lingüística das Illas Baleares, recupérase a toponímia na súa forma catalá, vixente actualmente.

Xeografía editar

O monte máis alto da illa é Sa Talaia de Sant Josep, de 475 m de altitude. Tamén é o concello con máis praias da illa, con 84 km de costa desde a vila de Eivisa ata a vila de Sant Antoni de Portmany na zona de poñente. Tamén atopamos o Parque Natural de ses Salines e o de Cala d'Hort.

Organización territorial editar

No ano 2000 o concello recupera a división tradicional en parroquias e véndes:

  • Sant Agustí des Vedrà:
    • D'enllà Torrent
    • D'ençà Torrent
  • Sant Josep de sa Talaia:
    • Sa Talaia
    • Benimussa
    • Cas Serres
    • Cas Marins
  • Es Cubells
    • Cala d'Hort
    • Es Cubells
    • La Flota
    • Davall Sa Serra
  • Sant Jordi de ses Salines
    • L'Horta
    • Cas Costes
    • Es Racó
  • Sant Francesc de s'Estany
    • Es Racó des Jondal
    • Can Llaudis
    • Sa Sal Rossa
    • La Revista
    • La Canal

Demografía editar

Evolución da poboación de Sant Josep de sa Talaia dende o ano 1950 ata agora:

Política editar

A repartición de escanos quedou deste xeito:


PSOE PP NOV-A Total
2011 10 9 2 21
2007 9 8 0 17

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar