Sant Ildefons é un barrio obreiro da cidade de Cornellà de Llobregat, na provincia de Barcelona. Atópase na parte norte da cidade e limita cos barrios de La Gavarra e El Pedró.

Modelo:Xeografía políticaSant Ildefons
Imaxe

Localización
Mapa
 41°22′N 2°05′L / 41.36, 2.08Coordenadas: 41°22′N 2°05′L / 41.36, 2.08
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBaix Llobregat
ConcelloCornellà de Llobregat Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie21,7 ha Editar o valor em Wikidata

Construíuse na década de 1960 sobre un outeiro que fora ata entón utilizado para cultivos varios e recibiu o nome dun dos seus promotores, Ildefons Suñol. A poboación, inicialmente, estaba formada por inmigrantes de Andalucía e Estremadura de xeito maioritario. Nos últimos anos recibiu tamén poboación estranxeira.

Entre os seus lugares de interese destacan o Mercado de Sant Ildefons, a Torre de la Miranda, o Centro Cívico, o pavillón polideportivo, o campo de fútbol e varias escolas.

Pódese chegar en transporte público a través da estación de Sant Ildefons da liña 5 do metro de Barcelona. Ademais os autobuses urbanos 67, 68, 94 e 95, os interurbanos L10, L46, L75 e L85 e o nocturno N15 tamén teñen parada no barrio.