Sandra Daviú

Presentador e xornalista español

Sandra Daviú, nada en Barcelona o 22 de marzo de 1975, é unha presentadora española de televisión.

Sandra Daviú
Nome completoSandra Daviú Ripoll
Nacemento22 de marzo de 1975
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultat de Ciències de la Comunicació e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpresentadora de televisión e xornalista
Na rede
IMDB: nm2143977 Twitter: SandraDaviu Instagram: sandradaviu Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria profesional editar

É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Comezou a súa carreira como presentadora, redactora e comentarista da canle temática Teledeporte.

Posteriormente, entre 2001 e 2005, pasou a presentar Escuela del deporte en La 2 xunto a Carlos Beltrán e Estela Giménez. En 2005 traballou no programa España es xunto con Mon Santiso e Belén Esteve, tamén en La 2. Foi ademais reporteira do programa España directo en La 1. Copresentou diversos programas en La 1 de TVE, como Noche de baile xunto ao coreógrafo Poty e El disco del año xunto a Carlos Lozano, ambos en 2006, ademais de conducir o programa de La 2 La suerte en tus manos ata 2008. Tamén comentou o sorteo de Nadal de 2007 xunto a Ana Belén Roy e presentou en La 2 o programa de fin de ano Sol de medianoche. Tamén no ano 2008 ela foi a encargada de retransmitir o Festival de Eurovisión de Baile 2008 que se fixo en Glasgow.

Sandra Daviú incorporouse a Antena 3 o 1 de agosto de 2008 onde pasou a presentar El Diario, despois de que a súa antiga presentadora, Patricia Gaztañaga, deixase o programa. En 2011 o programa foi cancelado. En 2010 presentou xunto a Jorge Fernández as Badaladas de Fin de Ano en Antena 3. En decembro de 2011 aparece no especial de famosos de ¡Ahora caigo!, sendo unha deles. Era a número 2.

En 2012 encargouse da presentación de Espejo Público durante os meses de xullo e agosto para cubrir as vacacións de Susanna Griso.

Desde marzo de 2013 e ata xullo de 2013 Sandra Daviú presentou novamente en Televisión Española o programa La suerte en tus manos.

En xuño de 2013, confírmase que Sandra Daviú volverá encargarse da versión estival de Espejo público, entre os meses de xullo e agosto.[1] Comeza a presentalo o día 15 de xullo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar