San Xulián, A Rúa

parroquia civil do concello da Rúa

San Xulián é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Rúa. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 8 habitantes (4 homes e 4 mulleres), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 20 habitantes.

San Xulián
ConcelloA Rúa[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°25′31″N 7°05′58″O / 42.425325, -7.0993361111111Coordenadas: 42°25′31″N 7°05′58″O / 42.425325, -7.0993361111111
Poboación8 hab. (2023)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A parroquia está a uns 900 metros de altitude, augas arriba do regueiro de Alzapernas, cuxas augas foron aproveitadas polos romanos para a extracción de ouro. O testemuño máis evidente é o depósito aurífero da Pala, onde se aprecia claramente unha erosión artificial, con grandes anacos de pedra desprendidos xunto á fonte das Pinguelas, erosión provocada polo método da ruina montium, algo moi similar ao que realizaron nas Médulas, movendo grandes cantidades de terra pola forza das augas. O destacamento romano que traballou nesa explotación ben puido asentarse na veciña Somoza (sub Montium), e levantar a esquecida ponte de Pérez para facilitar o trasfego de carros e materiais na zona onde existe máis desnivel no citado regueiro, enlazando con Cotillón ou camiño de subida a San Xulián.

No censo de 1755 tiña 25 fogares. Na colleita da xurisdición de Valdeorras de 1775 aparecen once contribuíntes, que achegan 13 porcos. Nos censos posteriores os habitantes de San Xulián aparecen englobados cos de Santo Estevo, e xa no de 1906 aparecen no concello da Rúa, con 136 habitantes. En 1917 a poboación diminúe un pouco pola emigración en masa cara a Suramérica logo dos estragos da filoxera, e hai 131 habitantes. Na década de 1940 acádase a poboación máxima, con 150 habitantes, que caen de novo por mor da emigración cara a Francia nas dúas décadas seguintes.

O santo patrón é san Xulián, e a súa festividade celébrase o 9 de xaneiro. Porén, a imaxe da igrexa parroquial mestura por unha banda o báculo e a mitra, tiara, libro aberto e manto vermello de san Xulián Bispo, cuxa festividade se celebra o 28 de xaneiro, e por outra banda a espada de san Xulián mártir, cuxa festividade se celebra o 9 de xaneiro e santo patrón de remeiros, barqueiros, peregrinos e hoteleiros.

Economía editar

A principal riqueza de San Xulián son os soutos de castiñeiros e a gandaría. Antigamente existiron plantacións de centeo, que era moído e posteriormente cocido nos fornos de San Xulián para producir o característico pan negro da posguerra. Tamén tivo a súa importancia o liño para a produción téxtil, xa en 1691 aparece citado o termo do Val dos Liñares. Durante a primeira metade do século XX explotáronse canteiras de lousa, moi comúns en todo o termo da Rúa, as de San Xulián podían pasar por ser as máis extensas, con polo menos catro frontes de extracción; hoxe encóntranse abandonadas.

Lugares e parroquias editar

Lugares de San Xulián editar

Lugares da parroquia de San Xulián no concello da Rúa (Ourense)

San Xulián

Parroquias da Rúa editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Rúa

Roblido (San Xoán) | A Rúa de Valdeorras (Santo Estevo) | San Xulián (San Xulián)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar