San Sebastián de la Gomera

San Sebastián de la Gomera, coñecido popularmente como La Villa, é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. É a capital da illa de La Gomera, pertencente ás Canarias. Neste municipio atópase a ermida da Virxe de Guadalupe, patroa da illa.

Modelo:Xeografía políticaSan Sebastián de la Gomera
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 28°05′32″N 17°06′36″O / 28.09222, -17.11Coordenadas: 28°05′32″N 17°06′36″O / 28.09222, -17.11
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación9.501 (2023) Editar o valor em Wikidata (83,64 hab./km²)
Xeografía
Superficie113,59 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude128 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoÁngel Luís Castilla Herrera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38880 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE38036 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webaytossgomera.com Editar o valor em Wikidata

Ten unha poboación de 9.120 habitantes (INE, 2011). Ademais do casco, as entidades de poboación máis importantes son El Molinito, Laguna de Santiago e Tecina. Preto de 1850 absorbeu ao municipio de Jerduñe.

Descrición editar

 
Vista da vila

Está situado ao leste da illa. Ten unha extensión de 114,47 km² e a súa altitude é de 5 metros sobre o nivel do mar.

Conta cun porto comercial, polo que pasou Cristovo Colón nas súas viaxes ao continente americano. O lugar onde se aloxou, a Casa de Colón, é agora un museo.

Neste municipio atópase La Torre del Conde que foi construída entre os anos 1447 e 1450 polo Conde da Gomera. Durante unha rebelión dos nativos da illa foi lugar de refuxio para os españois. Tamén destaca en San Sebastián a igrexa da nosa Señora da Asunción e a Ermida de San Sebastián.

A economía no pasado estivo baseada na agricultura, pero nos últimos anos cobrou importancia o sector servizos.

Ao redor de 1599, un grupo de holandeses intentaron invadir a illa polo porto da Vila, pero foron rexeitados polos gomeros.

Panorama editar

A Vila de San Sebastián de la Gomera atópase nun val á beira do mar, a "silueta" de San Sebastián está dominada pola figura do Teide situado na illa de Tenerife. A montaña é claramente visible desde a maior parte da illa de La Gomera, incluída a súa capital San Sebastián de la Gomera, e é representada a miúdo por artistas gomeros en pinturas, souvenirs e demais obxectos.


 

San Sebastián de La Gomera, Tenerife e Teide no fondo


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar