San Román de Vilaestrofe, Cervo

parroquia civil do concello de Cervo

San Román de Vilaestrofe é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 238 habitantes (122 homes e 116 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 252 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 213 habitantes, sendo 106 homes e 107 mulleres.

San Román de Vilaestrofe
Igrexa parroquial de San Román de Vilaestrofe.
ConcelloCervo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°38′59″N 7°24′13″O / 43.649722222222, -7.4036111111111Coordenadas: 43°38′59″N 7°24′13″O / 43.649722222222, -7.4036111111111
Poboación201 hab. (2019)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Lendas editar

Cóntase que unha balea atemorizaba ós habitantes da Mariña lucense e, concretamente, ós mariñeiros que se dedicaban á caza de baleas do porto de San Cibrao (en Cervo). Cando o soubo o bispo de Mondoñedo, San Gonzalo, achegouse á praia onde nadaba a balea. Esta, ó velo chegar, acaroouse ata onde a profundidade non implicaba risco de varamento e bispo e balea puxéronse a falar. Cando remataron, o bispo bendixo ó animal, subiu a unha barca e achegouse onda a balea. A balea abriu a boca e o bispo penetrou nela, para saír ó pouco cunha imaxe da Virxe nas mans. É a Virxe de Vilaestrofe, que se conserva na igrexa de San Román de Vilaestrofe.

Lugares e parroquias editar

 
Fachada da igrexa parroquial de San Román Vilaestrofe, Cervo, Lugo.

Lugares de San Román de Vilaestrofe editar

Lugares da parroquia de San Román de Vilaestrofe no concello de Cervo (Lugo)

A Alleira | O Calvario | A Calvela | A Cerdeira | O Eixo | Os Feás | Marrube | A Pena | Santomé | A Senra | Vilaestrofe | Vilar

Parroquias de Cervo editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo

Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, 231.

Outros artigos editar