San Román de Montoxo, Cedeira

parroquia civil do concello de Cedeira

San Román de Montoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 447 habitantes (226 homes e 221 mulleres), distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 489 habitantes.

San Román de Montoxo
San Román de Montoxo
ConcelloCedeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°38′48″N 7°59′51″O / 43.6468, -7.9974Coordenadas: 43°38′48″N 7°59′51″O / 43.6468, -7.9974
Poboación376 hab. (2017)
Entidades de poboación29[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

San Román de Montoxo esténdese pola marxe dereita do río das Mestas e as abas do coto de Freixido e de Penáguia. Limita polo norte coa parroquia de Piñeiro, dende o lugar da Trabe até o rego de Candales, que a separa tamén da parroquia de Régoa até a ponte de Braxe. Polo leste limita coa parroquia de Montoxo dende a dita ponte de Braxe e seguindo este regato, o coto de Aneiros e a pasada de Vagariños e o río das Mestas. Este mesmo río sepáraa polo sur da parroquia de Cerdido. Por último polo oeste limita coa parroquia de Esteiro, dende o río das Mestas até o lugar da Trabe.

A estrada de Cedeira ao Campo do Hospital atravesa a parroquia de oeste a leste por Vena, Venta da Cabra, Veciñeira, Costa, Silvela, Aneiros e Arón.

Patrimonio editar

A igrexa parroquial, na honra de San Román está situada no sur da parroquia, preto do río das Mestas e conta tamén cun cemiterio ao seu carón.

Lugares e parroquias editar

Lugares de San Román de Montoxo editar

Lugares da parroquia de San Román de Montoxo no concello de Cedeira

Aneiros | Arón | O Baturro | Campolongo | O Campón | Os Candales | O Carballo | Cartas | Casal de María | A Corredoira | A Costa | O Cotiño | O Curro | Fonse | Fragoso | Gondón | Guillade | O Lameiro | Ludeiro | Montemeao | Outeiro | A Pasada | Penadaguia | O Pinar | A Presa | A Revolta | A Riba | Sarandós | A Trabe


Parroquias de Cedeira editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar