San Pedro del Pinatar

San Pedro del Pinatar é un municipio da Rexión de Murcia, en España, pertencente á comarca do Mar Menor.

Modelo:Xeografía políticaSan Pedro del Pinatar
Imaxe

Nomeado en referencia aPedro Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°50′11″N 0°47′19″O / 37.8363, -0.7886Coordenadas: 37°50′11″N 0°47′19″O / 37.8363, -0.7886
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia Editar o valor em Wikidata
CapitalSan Pedro del Pinatar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación27.691 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.240,64 hab./km²)
Xeografía
Superficie22,32 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude13 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónPedro Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataMaría Visitación Martinez Martinez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal30740 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE30036 Editar o valor em Wikidata

Páxina webaytosanpedrodelpinatar.com Editar o valor em Wikidata

Ao atoparse nas ribeiras do mar Mediterráneo e do mar Menor dispón de grande atractivo turístico e ecolóxico. Ao norte do municipio atópase o parque natural das Salinas e Areais de San Pedro del Pinatar.[1] Nun raio de menos de 50 km pódense atopar tres núcleos urbanos de máis de cen mil habitantes: Torrevieja, Cartagena e Murcia.

Características editar

A pesar de ser un municipio relativamente pequeno a súa situación estratéxica na costa e as súas calidades ambientais orixinaron un crecemento moi rápido da poboación e un aumento da actividade comercial e económica. Ao mesmo tempo produciuse unha gran presión urbanística que minimizou o chan dedicado ás tarefas agrícolas.[2]. Dese modo, a pesca e a explotación das salinas deixaron de ser as súas actividades económicas case exclusivas.

As actividades relacionadas co lecer ocupan un destacado papel. O seu clima adecuado para actividades ao aire libre, as súas oito praias, tres portos deportivos, instalacións de talasoterapia, itinerarios ecolóxicos, zona de copas en la Curva de Lo Pagán etc, proporcionan unha oferta diversificada na zona; aínda que existen conflitos de intereses.[3]. As festas tradicionais realízanse no verán, o que fai que poidan participar moitas persoas que veranean na zona.

Notas editar

  1. "Plan de ordenación dos recursos naturais" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de decembro de 2004. Consultado o 13 de xuño de 2009. 
  2. Problemas no litoral murciano
  3. Construcións ilegais na Curva