San Miguel, O Salvador

El Salvador

San Miguel é unha cidade e municipio do departamento de San Miguel, O Salvador. É tamén a capital departamental do departamento homónimo. Historicamente é a cidade máis importante da zona oriental do país. Ten unha poboación estimada de 247 119 habitantes no ano 2013, o que a converte na cuarta cidade máis poboada do país, e a terceira máis importante pola súa influencia económica. Está situada a 138 km ao leste da capital, San Salvador.

Modelo:Xeografía políticaSan Miguel, O Salvador
Imaxe

Localización
Mapa
 13°28′49″N 88°10′38″O / 13.4804, -88.1772Coordenadas: 13°28′49″N 88°10′38″O / 13.4804, -88.1772
EstadoO Salvador
DepartamentoSan Miguel, O Salvador Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación218.410 (2007) Editar o valor em Wikidata (367,69 hab./km²)
Xeografía
Superficie594 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Grande de San Miguel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude129 m Editar o valor em Wikidata
Creación1530 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina websanmiguel.gob.sv Editar o valor em Wikidata

San Miguel foi fundada o 8 de maio de 1530 polo Capitán Luis de Moscoso baixo o nome completo de San Miguel de La Frontera, como baluarte para a conquista do reino lenca de Chaparrastique,[1] convirténdose así na segunda cidade colonial española dos territorios hoxe salvadoreños, aínda que se trasladou á súa actual localización en 1586. Desde entón, San Miguel converteuse en émula e rival de San Salvador como segunda cidade en importancia dentro da Alcaldía Maior de San Salvador e, posteriormente, da Intendencia de San Salvador durante toda a época da colonización española. San Miguel viu fenecido o seu liderado político dentro da nación a finais do século XIX e comezos do XX debido ao ascenso económico de Santa Ana coa agricultura do café, conxuntamente co feito de que o goberno salvadoreño dividiu toda a zona oriental en catro departamentos disminuíndo a influencia política da elite migueleña.[2]

Cara a mediados do século XX tivo un importante desenvolvemento económico debido á agricultura de algodón e henequén, pero a guerra civil salvadoreña alterou a súa economía e sociedade. Na actualidade, xa a finais do século XX e comezos do XXI, San Miguel foi recuperando pouco a pouco o seu liderado económico e político, en gran medida polas achegas dos salvadoreños nos Estados Unidos que reposicionaron a cidade como o principal centro de comercio de toda a Zona Oriental do Salvador.

Por outra parte, outra das razóns polas que San Miguel é popularmente coñecida entre a sociedade salvadoreña é porque nesta localidade ten lugar o Carnaval de San Miguel, a festa popular máis importante do Salvador que se celebra no mes de novembro no transcurso das festas patronais.

Notas editar

  1. Boland, Roy (2001). Culture and Customs of El Salvador. London: Greenwood Press. pp. 4, 13, 14. ISBN 0-313-30620-6. 
  2. Xiomara Avendaño Rojas, Investigación científica de la Universidad de El Salvador (UES) (26 de xaneiro de 2016). "Conforntar toda esta información con la investigación de la historiadora Dra. Xiomara Avendaño Rojas, "Conformación histórica del oriente salvadoreño"". http://www.cic.ues.edu.sv/trabajos-presentados (en español). Secretaría de Investigaciones Científicas UES. Arquivado dende o orixinal o 2022-01-09. Consultado o 28 de novembro de 2016.  Ligazón externa en |páxinaweb= (Axuda)

Véxase tamén editar