San Martiño de Meanos, Zas

parroquia civil do concello de Zas

San Martiño de Meanos é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Zas. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[2] en 2020 tiña 436 habitantes (195 homes e 241 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 715 habitantes. É a parroquia máis extensa de todo concello con 18,30 km cadrados.[3][Cómpre referencia] Eclesiasticamente pertence ó Arciprestado de Céltigos e é parroquia matriz da de Santa Sía de Roma.

San Martiño de Meanos
Igrexa de San Martiño de Meanos.
ConcelloZas[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°03′17″N 8°56′53″O / 43.05465599, -8.94812433Coordenadas: 43°03′17″N 8°56′53″O / 43.05465599, -8.94812433
Área18,3 km²
Poboación436 hab. (2020)
Densidade23,83 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

No lugar das Edreiras atópase o Pazo das Edreiras, do século XVII.

A igrexa parroquial de San Martiño de Meanos, con formas barrocas do século XVIII, na que destacan a súa fachada, o presbiterio e o seu retablo barroco-rococó. Alberga no seu interior o Santo Cristo de Meanos[4], un xigantesco Cristo feito en pedra. A peza, datada no século XVII, foi atopada en xuño de 1990 enterrada nunha caseta anexa a igrexa parroquial, durante a restauración da mesma. A imaxe mide 143 cm e pénsase que foi enterrada cando se colocou o actual retablo maior.

Lugares e parroquias editar

Lugares de San Martiño de Meanos editar

Lugares da parroquia de San Martiño de Meanos no concello de Zas (A Coruña)

A Atalaia | As Edreiras | Froxán | Langueirón | Maxín | Meanos | Rial de Arriba | San Martiño | Vila | Vilar de Lamas


Parroquias de Zas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.