San Justo, Zamora

concello da provincia de Zamora

San Justo (San Xustu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León.[1]

Modelo:Xeografía políticaSan Justo, Zamora
Imaxe

Localización
Mapa
 42°08′06″N 6°37′28″O / 42.135, -6.6244444444444Coordenadas: 42°08′06″N 6°37′28″O / 42.135, -6.6244444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor em Wikidata
CapitalSan Justo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación206 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,74 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie75,12 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.061 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataMontserrat Sastre Rionegro (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49358 Editar o valor em Wikidata
Código INE49189 Editar o valor em Wikidata

Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. No seu termo municipal encóntranse as localidades de Barrio de Rábano (Barriu de Rábanu en leonés), Coso (Cousu), Rábano de Sanabria (Rábanu de Senabria), San Ciprián, Rozas (Es Rozes) e San Justo.[1]

A construción máis emblemática, non só desta localidade, senón da zona, é o Santuario da Virxe de La Alcobilla, situado nunha paraxe rodeada de máis de 200 castiñeiros centenarios e que segundo os documentos a sitúan entre os 900 e os 1.200 anos de antigüidade. En canto á poboación á que pertence a ermida: hai quen di que se encontra dentro do termo de Rábano de Sanabria e hai quen lla atribúe a San Justo.[2]

Demografía editar

Evolución da poboación de: San Justo, Zamora desde 1991 ata 2014
1991 1996 2001 2004 2014
366 396 341 337 246

Carácter da súa xente editar

As retesías continuadas cos veciños da aldea de Rábano de Sanabria levaron á bondade manifesta dos habitantes de San Justo, cedéndolles as chaves do Santuario da Alcobilla para que os enfrontamentos non chegasen a máis.

Lingua leonesa editar

San Justo é un dos concellos onde mellor se conserva a lingua leonesa no seu dialecto senabrés ou pachuecu, especialmente na localidade de San Ciprián, cuxo dialecto asturleonés ten sido estudado por moitos lingüistas e filólogos renomeados como F. Krüger e onde aínda conserva certa vitalidade.[3]

 
Pendón de San Justo.

Festas editar

  • Mediados de xuño: Corpus Christi
  • 9 e 10 de agosto: Santos Xusto e Pastor.
  • 15 de agosto: A nosa Señora da Asunción
  • 8 de setembro: Romaxe de Nosa Señora da Alcobilla no Santuario da Virxe de La Alcobilla, na que tamén participan os veciños das aldeas lindeiras.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 San Justo Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. na páxina web da Deputación de Zamora
  2. "San Justo na web Del norte de Castilla". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 23 de setembro de 2013. 
  3. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2013. Consultado o 23 de setembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar