San Cibrao, Lieiro, Cervo

lugar da parroquia de Lieiro, no concello de Cervo

San Cibrao é un lugar da parroquia de Lieiro, do concello de Cervo. Segundo o IGE en 2009 tiña 2138 habitantes (1079 homes e 1059 mulleres), 80 menos ca dez anos antes.

San Cibrao

San Cibrao: praia,porto pesqueiro e vista parcial da poboación.
ParroquiaLieiro
ConcelloCervo
Coordenadas43°41′40″N 7°26′31″O / 43.694581439238, -7.4420333140415Coordenadas: 43°41′40″N 7°26′31″O / 43.694581439238, -7.4420333140415
Poboación2.008 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Conforma unha península cara ao mar Cantábrico, formada trala unión dunha illa (Porto de Arriba) co continente (Porto de Abaixo ou Figueiras) por mor da acumulación de area. Na Atalaia da península hai un faro. O peirao está protexido por un esporón.

Ten diversas praias, como Cubelas, O Torno (onde desauga o río Cobo) e A Caosa, as dúas últimas Bandeira Azul da Unión Europea.[Cómpre referencia] A un quilómetro e medio da costa está o arquipélago dos Farallóns, que abrangue as illas Baixa, Sombriza e Pé.

Historia editar

 
Istmo de San Cibrao.
 
Museo Provincial do Mar en San Cibrao.

Nos séculos XIV e XV a aldea acollía estaleiros de carabelas e unha fábrica de salgado, da que se conservan restos coñecidos como o Castelo mariño.

Vinculado nalgún momento coas fábricas de Sargadelos, o porto de San Cibrao dotouse no século XIX co faro da Atalaia. tamén a mediados do século XIX (1850), unha real Orde constituíu a Aduana de San Cibrao, que funcionou ata o segundo terzo do século XX[1].

A finais do século XX, a instalación da fábrica de aluminio de Alcoa supuxo a construción do porto de San Cibrao (comercial), dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

No antigo grupo escolar está o Museo do Mar de San Cibrao, dependente da Rede Museística Provincial de Lugo.

Cultura e lendas editar

As illas Farallóns deron pé á lenda da Maruxaina: un ser metade peixe metade muller, que toca o corno. Segundo as fontes, con boas (para avisar da proximidade dun temporal) ou malas intencións (para facer tolear a xente e que os barcos embarranquen nos Farallóns).[2] En agosto celébrase a festa da Maruxaina, declarada de interese turístico.

En 1997 creouse a asociación cultural Os Aventados, activa na Mariña de Lugo.[3]

Notas editar

  1. Pablo Mosquera (31/05/2017). "La aduana de San Ciprián". A Mariña / La Voz de Galicia. 
  2. "A Serea Maruxaina". Galicia Dixital. Consultado o 10/03/2018. 
  3. Mosquera Mata, Pablo (8/4/2018). "Os Aventados, 1997-2018". La Voz de Galicia. 

Lugares e parroquias editar

Lugares de Lieiro editar

Lugares da parroquia de Lieiro no concello de Cervo (Lugo)

O Castelo | Gondrás | O Guioncho | Lieiro | Pedrosa | San Cibrao | A Venda

Parroquias de Cervo editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo

Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago)