Samuel Barclay Beckett, nado en Dublín o 13 de abril de 1906 e finado en París o 22 de decembro de 1989, foi un novelista, dramaturgo, crítico e poeta irlandés. Foi un dos máis importantes representantes do experimentalismo literario do século XX, dentro do modernismo anglosaxón. Foi igualmente figura chave do chamado teatro do absurdo. Escribiu os seus libros en inglés e francés, e foi asistente e discípulo do novelista James Joyce. A súa obra máis coñecida é o drama Á espera de Godot.

Infotaula de personaSamuel Beckett

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en-gb) Samuel Beckett Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en-gb) Samuel Barclay Beckett Editar o valor em Wikidata
13 de abril de 1906 Editar o valor em Wikidata
Dublín () Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1989 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
París () Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCondado de Dublín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIrlanda
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College Dublín - lingua francesa, lingua italiana, literatura inglesa (1923–1927) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDrama Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , tradutor , dramaturgo , mestre , Intelectual , membro da resistencia francesa , novelista , xogador de criquet , lingüista , poeta , director de cinema , guionista , videoartista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1929 Editar o valor em Wikidata - 1988 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela, poesía, crítica xornalística, teatro
MovementoNouveau roman Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJames Joyce Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioAndrew Belis Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
DeporteCrícket Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeSuzanne Dechevaux-Dumesnil (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJames Beckett (en) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0065716 Allocine: 11934 Allmovie: p315769 IBDB: 8590
Bitraga: 1148 Dialnet: 1623026 Musicbrainz: 81e1e828-5c90-4bc6-b547-2e848620111f Discogs: 403639 WikiTree: Beckett-1462 Find a Grave: 1160 Editar o valor em Wikidata

Beckett foi galardoado en 1969 co Premio Nobel de Literatura.[1] Foi elixido Saoi de Aosdána en 1984.

Traxectoria editar

Naceu en Foxrock (preto de Dublín) o 13 de abril de 1906, fillo de William Frank Beckett (1871-1933), un aparellador e descendente dos hugonotes, e Maria Jones Roe, unha enfermeira, cando ámbolos dous tiñan 35 anos.[2] Logo de asistir a unha escola protestante de clase media no norte de Irlanda, ingresou no Trinity College de Dublín, onde obtivo a licenciatura en linguas romances en 1927 e o doutoramento catro anos máis tarde. Ó mesmo tempo, continuou estudando o filósofo francés René Descartes e escribiu o ensaio crítico Proust (1931), que sentaría as bases da súa filosofía e obra. Foi entón cando coñeceu ao novelista e poeta irlandés James Joyce, do que foi amigo e colaborador. Entre 1932 e 1937 traballou e viaxou sen descanso e desempeñou diversos traballos para incrementar os ingresos da pensión anual que lle ofrecía seu pai, supoñéndolle un duro golpe a súa morte en 1933. En 1937 estableceuse definitivamente en París, pero en 1942 tivo que trasladarse ó sur de Francia, libre da ocupación nazi, fuxindo da Gestapo, pois Beckett sumárase á Resistencia. Ao final da segunda guerra mundial regresou a París, onde escribiu catro grandes obras: a súa obra dramática Á espera de Godot (1952) (a súa obra mestra en opinión da maioría dos críticos), e a súa triloxía Molloy (1951), Malone morre (1951) e O indomable (1953), que Beckett considera o seu maior logro, e na que os seus personaxes, misteriosamente enfermos e sumidos nun desesperado monólogo, esperan a súa disolución final e someten a linguaxe a un proceso de aniquilamento que constitúe unha das constantes de toda a súa produción literaria. En 1961 outórganlle o premio Internacional de Literatura, que compartiu con Jorge Luis Borges e, en 1969, foi galardoado co premio Nobel de literatura. Morreu en París o 22 de decembro de 1989.[3]

Aspectos globais editar

A obra de Beckett é fundamentalmente sombría e tendente ao minimalismo e, de acordo con certas interpretacións, profundamente pesimista (até nihilista[4]) sobre a condición humana. En consonancia con isto, co tempo os seus libros fixéronse paseniñamente máis crípticos e breves. O pesimismo de Beckett vén con todo temperado por un senlleiro sentido do humor, entre negro e sórdido (véxase Comentarios sobre o autor).

Samuel Beckett foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1969 «pola súa escritura, que, renovando as formas da novela e o drama, adquire a súa grandeza a partir da indixencia moral do home moderno».[1] En 1961 recibiu así mesmo o "Premio Formentor" outorgado polo Congreso Internacional de Editores, xunto Jorge Luis Borges.

Estilo editar

Nas súas obras, Beckett centrou a súa atención na angustia indisociable da condición humana, que na última instancia reduciu ao eu solitario ou ao nada. Tamén experimentou coa linguaxe ata deixar tan só un esqueleto, o que orixinou unha prosa austera e disciplinada pero chea de humor. A súa influencia en dramaturgos posteriores, sobre todos naqueles que seguiron os seus pasos na tradición do absurdo, foi tan notable como o impacto da súa prosa.

 
Tumba de Samuel Beckett no Cemiterio de Montparnasse, París

Obras editar

Escritor bilingüe, a partir de 1953 escribiu en francés e, ás veces, en inglés; xeralmente traducía a obra ó outro idioma, adaptándoa. Escribiu novelas, pezas e textos varios para radio, televisión e cinema.

Obras escritas en francés editar

  • Molloy, novela (1947, traducida para o galego no 2006, por Anxo Rei Ballesteros, en Galaxia)
  • Malone meurt novela (1948) - Malone morre
  • Á espera de Godot (En attendant Godot, 1949; teatro; traducida ao galego por Francisco Pillado Mayor[5])
  • L'Innommable novela (1949) - O innomeable
  • Nouvelles et Textes pour rien (1946-1950) - Textos para nada
  • Fin de partie teatro - Fin de partida
  • Comment c'est novela, Como é experimento literario radical publicado en francés e inglés.
  • Oh les beaux jours teatro - Días felices , a peza foi escrita en inglés e traducida ó francés por Beckett como Oh les beaux jours ! .
  • Têtes-mortes textos curtos
  • Pour en finir encore et autres foirades
  • Catastrophe teatro
  • Eleutheria teatro

Obras escritas en inglés editar

  • Whoroscope poesia
  • Murphy novela
  • Watt novela
  • Krapp's Last Tape teatro - A última cinta, a peza foi escrita en inglés e adaptada por Beckett ó francés como La dernière bande.
  • Embers
  • Happy Days (Oh les beaux jours) teatro
  • Mercier e Camier (1946)
  • Pavesas publicada por Tusquets en 1987, é unha recompilación de tódalas obras radiofónicas, televisivas e teatrais que pola súa curta extensión non puideron publicarse en libro.

Filmografía editar

Cine

Televisión

  • Eh Joe (peza escrita para a BBC e presentada en 1966
  • Ghost Trio (1975)
  • ... but the clouds... (1976)
  • Quad (1981)
  • Nacht und Träume (1982)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The Nobel Prize in Literature 1969". Nobel Foundation. 7 de outubro de 2010. Consultado o 7 de outubro de 2010. 
  2. Imagi-nation.com (ed.). "Samuel beckett −1906-1989". Consultado o 12 de decembro de 2013. 
  3. "Vida y obra: Samuel Beckett". Consultado o 17 de xuño de 2013. 
  4. Beckett, meu amigo p. 33 e 107
  5. Ficha da obra Arquivado 02 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. na web de Bitraga

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández del Riego, Francisco (1974). Letras do noso tempo. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-219-9. 
  • Beckett, Samuel. Collected Poems in English and French. Nova York: Grove Press, 1977.
  • —. Endgame and Act Without Words. Nova York: Grove Press, 1958.
  • —. How It Is. Nova York: Grove Press, 1964.
  • —. More Pricks than Kicks. Nova York: Grove Press, 1972.
  • —. Murphy. Nova York: Grove Press, 1957.
  • —. Nohow On: Company, Ill Seen Ill Said, Worstward Ho. Ed. S.E. Gontarski. Nova York: Grove Press, 1996.
  • —. Three Novels: Molloy, Malone Dies, The Unnamable. Nova York: Grove Press, 1995.
  • —. Waiting for Godot: A Tragicomedy in Two Acts. Nova York: Grove Press, 1954.
  • (en inglés) Images of Beckett, Elizabeth Knowlson & John Haynes, Cambridge University Press, 2003.
  • (en inglés) The Grove Companion to Samuel Beckett, Ackerley, C. J. e S. E. Gontarski, editores Nova York Grove Press, 2004.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar