Samuel "Sam" Jones, nado o 24 de xuño de 1933 en Wilmington, Carolina do Norte e finado en Orlando, Florida, o 30 de decembro de 2021, foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense que formou parte do lendario equipo dos Boston Celtics que conseguiron oito títulos seguidos na década dos 60. Está considerado un dos bases máis rápidos, con mellor visión de xogo e tiro de todos os tempos.

Sam Jones
Posición Escolta
Dorsal 24
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 90 kg (198 lb)
Nacemento 24 de xuño de 1933 (90 anos)
Carolina do Norte Wilmington, NC
Carreira
Universidade North Carolina Central
NBA Draft 1957 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Boston Celtics
Tempadas 19571969
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     15 411 (17,7 pp)
Rebotes     4 305 (4,9 pp)
Asistencias     2 209 (2,5 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Jones realizou a súa carreira universitaria na North Carolina Central College, formando un equipo só de xogadores negros. Nos seus catro anos fixo 17,7 puntos e 9,1 rebotes por partido.

NBA editar

Foi elixido polos Boston Celtics na primeira rolda do draft na sexta posición, un ano despois de que os Minneapolis Lakers o elixisen tamén, pero renunciando a causa do servizo militar. Toda a súa carreira transcorreu na cidade de Massachusetts, onde, en 12 tempadas conseguiu 10 títulos da NBA, sendo soamente superado neste aspecto en toda a historia por Bill Russell. Habitualmente é mencionado como o cuarto mellor base da década dos 60, detrás de Oscar Robertson, Jerry West e Hal Greer. Era un base rápido e con gran visión de xogo, pero que destacaba sobre todo no tiro en suspensión, faceta que lle fixo gañar o alcume de "The Shooter" (o tirador). Participou en cinco All-Star Game.

Equipos editar

Logros persoais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar