Salmonella enterica subsp. enterica

Salmonella enterica

Colonias de Salmonella Typhimurium nunha placa de ágar entérico Hektoen
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Enterobacteriales
Familia: Enterobacteriaceae
Xénero: Salmonella
Especie: 'S. enterica'
Subespecie: 'enterica'
Serovar
  • Salmonella choleraesuis
  • Salmonella Dublin
  • Salmonella Enteritidis
  • Salmonella Heidelberg
  • Salmonella Paratyphi
  • Salmonella Typhi
  • Salmonella Typhimurium,

etc.

Salmonella enterica subsp. enterica é unha subespecie bacteriana da especie Salmonella enterica, unha bacteria con forma de bacilo, flaxelada, aerobia, gramnegativa.[1] A subespecie está dividida en moitos serovares. Forman parte desta subespecie moitos dos serovares patóxenos de S. enterica; por exemplo os serovares Salmonella Typhi, Salmonella Paratyphi ou Salmonella Typhimurium, entre outros.[2] (Para a súa correcta escritura ver máis abaixo).

Serovares editar

Existen máis de 2500 serovares coñecidos de Salmonella enterica subsp. enterica; na seguinte lista só se indican os máis salientables.

  • Salmonella Choleraesuis
  • Salmonella Dublin
  • Salmonella Enteritidis
  • Salmonella Gallinarum
  • Salmonella Hadar
  • Salmonella Heidelberg
  • Salmonella Infantis
  • Salmonella Paratyphi
  • Salmonella Typhi
  • Salmonella Typhimurium
  • Salmonella Genrus

Nomenclatura editar

O nome que se utiliza para os serovares pode ser completo ou acurtado.[3] Na forma curta indícase o xénero (empezando con maiúscula e cursiva), Salmonella, seguido do serovar (con maiúscula pero non en cursiva). Por exemplo, Salmonella Typhi, para o caso do serovar Typhi.

Cando se escribe o nome completo débese indicar a especie, subespecie e serovar, que no exemplo anterior sería: Salmonella enterica subsp. enterica, serovar Typhi.

Á súa vez, cada serovar ten moitas cepas, o cal fai que se incremente moito o número de bacterias antixenicamente variables.[4]

A nomenclatura formalizada actual[5][6] non concorda cos usos tradicionais, que aínda se ven na literatura, nos que se escribían Salmonella typhi, Salmonella typhimurium etc. como especies.[7]

Epidemioloxía editar

Artigo principal: Salmonelose.

Notas editar

  1. Giannella RA (1996). Salmonella. In: Baron's Medical Microbiology (Barron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. (via NCBI Bookshelf) ISBN 0-9631172-1-1. 
  2. Murray PR, Rosenthal KS, Pfaller MA (2009). Medical Microbiology (6th ed.). Philadelphia, PA: Mosby Elsevier. p. 307. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2004. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  4. http://www.sanger.ac.uk/Projects/Salmonella/
  5. "The type species of the genus Salmonella Lignieres 1900 is Salmonella enterica (ex Kauffmann and Edwards 1952) Le Minor and Popoff 1987, with the type strain LT2T, and conservation of the epithet enterica in Salmonella enterica over all earlier epithets that may be applied to this species. Opinion 80". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 55 (Pt 1): 519–20. January 2005. PMID 15653929. doi:10.1099/ijs.0.63579-0. 
  6. Tindall BJ, Grimont PA, Garrity GM, Euzéby JP (January 2005). "Nomenclature and taxonomy of the genus Salmonella". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 55 (Pt 1): 521–4. PMID 15653930. doi:10.1099/ijs.0.63580-0. 
  7. Segundo a resolución da Opinión xudicial 80 da Comisión Xudicial sobre nomenclartura das bacterias no punto 5: "Os nomes Salmonella choleraesuis, Salmonella enteritidis, Salmonella paratyphi, Salmonella typhi, e Salmonella typhimurium non están incluídas na lista de epitheta specifica conservanda (epítetos específicos conservados nos nomes de especies de bacterias)." (Cita orixinal: "The names Salmonella choleraesuis, Salmonella enteritidis, Salmonella paratyphi, Salmonella typhi, and Salmonella typhimurium are not included in the list of epitheta specifica conservanda (conserved specific epithets in names of species of bacteria)." ) LPSN