Salcedo, Pontevedra

parroquia civil do concello de Pontevedra

San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2123 habitantes (1027 homes e 1096 mulleres), 118 menos ca en 2004 (1161 mulleres e 1080 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.

Salcedo
Igrexa de San Martiño de Salcedo.
ConcelloPontevedra[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°24′41″N 8°38′51″O / 42.41138889, -8.6475Coordenadas: 42°24′41″N 8°38′51″O / 42.41138889, -8.6475
Poboación2.041 hab. (2017)
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Outeiro da Mina por Enrique Campo.

Nos barrios de Cabanas e A Esculca consérvanse varios petróglifos. Hai restos de poboados castrexos, como o castro das Croas. Foron atopados diversos miliarios da vía XIX do itinerario de Antonino[2].

Formou concello de seu xunto coa parroquia de Lourizán.

En decembro de 1936, durante a guerra civil española, foron asasinados varios veciños da parroquia pola Garda Cívica de Pontevedra[3].

Patrimonio editar

Amais da igrexa parroquial, outros edificios relixiosos son a capela de san Brais e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.

O pazo do arcebispo Malvar, chamado Pazo da Carballeira de Gandarón, acolle na actualidade a sede da Misión Biolóxica de Galicia, dedicada á investigación científica e especializada no millo.

As festas máis importantes que se celebran nesta parroquia son o San Martiño, patrón da mesma, o 11 de novembro e Santa Rita, o 22 de maio.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Salcedo editar

Lugares da parroquia de Salcedo no concello de Pontevedra

A Almuíña | A Armada | Birrete | Cabanas | O Campo da Porta | A Cancela | A Carballa | A Carballeira | O Carballo do Pazo | O Carramal | O Casal | A Costa | O Cruceiro | A Esculca | A Igrexa | Matalobos | A Muimenta | O Nabalexo | A Ruibal | O Xistro

Parroquias de Pontevedra editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar