A Salamandra atra é un anfibio urodelo da familia dos salamándridos.[1][2] [3]

Salamandra atra
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Amphibia
Subclase: Lissamphibia
Orde: Caudata
Suborde: Salamandroidea
Familia: Salamandridae
Xénero: Salamandra
Especie: S. atra
Nome binomial
Salamandra atra
Laurenti, 1768
Distribución de Salamandra atra
Distribución de Salamandra atra

Distribución de Salamandra atra

Características editar

Esta salamántiga pode medir ata 16 cm e é dunha cor negra brillante, aínda que ocasionalmente pode ser apardazada.[3]

Posúe glándulas velenosas na zona dorsal a modo de protección contra os depredadores.[4]

Os machos son máis pequenos cás femias: as dimensión máximas son 144 mm para os machos, e ata os 151 mm para as femias.[5]

Distribución e hábitat editar

Vive normalmente en bosques, pero tamén por riba do límite das árbores, en praderías alpinas,[3] e montañas de rochas calcarias da zona dos Alpes e os Balcáns, entre os 700 e os 2 800  m de altitude.[6]

Pode encontrarse en Albania, Alemaña, Austria, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Francia, Italia, Liechtenstein, Montenegro, Serbia e Suíza.[6]

Normalmente agóchase baixo pedras, toros de árbores e buratos que reteñan a humidade.[3]

Bioloxía editar

Alimentación editar

Ten a mesma dieta cá salamántiga común, e aliméntase tamén de artrópodos de movemento lento, vermes e moluscos que caza, sobre todo, pola noite. Durante o día, só sae despois da choiva.

Reprodución editar

A salamántiga alpina ten unha maneira especial de ter as crías. A femia é fecundada en terra seca, como a salamántiga común, pero xestación dura 2 anos ou mesmo máis tempo.
A fase larvaria ten lugar no interior da femia, dentro dos ovidutos., polo que as crías nacen xa metamorfoseadas
O parto prodúcese de novo en terra seca. As crías, dúas por camada, por termo medio, saen polo tanto totalmente formadas e miden ao redor de 4 cm.[7] Excepcionalmente a camada pode chegar até catro crías.[3]

Taxonomía editar

 
Salamandra atra atra.
 
Apareamento da Salamandra atra.
 
Salamandra atra aurorae.

Descrición editar

A especie foi descrita en 1768 polo médico e naturalista austríaco Josephus Nicolaus Laurenti, na súa obra:

Laurenti, J. N. (1768): Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: Joan Thomae, pp. 1–217 (Ler o texto íntegro).

Etimoloxía editar

O epíteto específico, atra provén do adxectivo latino ater, atra, atrum, "negro" ou "escuro", en referencia á súa cor.

Sinónimos editar

  • Salamandra fusca Laurenti, 1768
  • Salamandra nigra Gray, 1850
  • Salamandra nera Dugès, 1852
  • Salamandra alpestris Knauer, 1883
  • Salamandra atra prenjensis Miksic, 1969
  • Salamandra atra aurorae Trevisan, 1982
  • Salamandra aurorae Trevisan, 1982
  • Salamandra atra pasubiensis Bonato & Steinfartz, 2005

Subespecies editar

Recoñécense catro subespecies:[6][8]

  • S. atra atra Laurenti, 1768, a subespecie nominal.
  • S. atra pasubiensis Bonato & Steinfartz, 2005, restrinxida a unha pequena área da provincia italiana de Vicenza (Véneto), no monte Pasubio, cuberta de pequenas manchas amarelas.
  • S. atra aurorae Trevisan, 1982, presente na Italia nororiental, nunha área restrinxida nos altoplanos de Vezzena e de Asiago, cuberta de amplas manchas difuminadas branco-amarelentas que a fan moi parecida á píntega ou salamántiga común. Foi elevada a rango de especie por algúns autores.
  • S. atra prenjensis Miksic, 1969, difundida polos montes Cvrsnica e Prenj nos Alpes Dináricos, preto de Saraxevo. É unha subsespecie de validez cuestionada.[9]

Status de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificou en 2009 o estado de conservación da esprecie como LC (pouco preocupante), cuaificación quje se mantén a día de hoxe, debido á súa ampla área de distribución, a tolerancia en certa medida á modificación do seu hábitat, á presumíbel gran poboación, e porque é pouco probable que esta estea declinando rapidamente como para cualificar o seu estado nunha categoría ameazada.[6]

Porén, a subespecie Salamandra atra aurorae cualifícase en perigo crítico porque a súa área de dispersión é probablemente de menos de 100 km2, todos os idividuos poden estar nun só lugar, e continúa o declive da calidade do seu hábitat no Altopiano dei Sette Comun, nos preralpes italianos.[6]

Notas editar

  1. Lanka, Václav (1991). Anfibios y reptiles (en castelán) (2ª edición ed.). Madrid: Susaeta. pp. 30–31. 
  2. "AmphibiaWeb.org" (en inglés).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Arnold, E. N. & Burton, J. A. (1978), p. 34.
  4. "Paradais sphynx (cat) - Salamandra Alpina" (en castelán).
  5. Salamandra atra na EOL.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Franco Andreone, Mathieu Denoël, Claude Miaud, Benedikt Schmidt, Paul Edgar, Milan Vogrin, Jelka Crnobrnja Isailovic, Rastko Ajtic, Claudia Corti, Idriz Haxhiu (asesores) (2009): Salamandra atra na Lista vermella da UICN. Versión 2016-3. Consultada o 3 de abril de 2017.
  7. "Waza.org - Salamandra atra Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine." (en castelán).
  8. Salamandra atra no NCBI.
  9. Dubois & Raffaëlli (2009): "A new ergotaxonomy of the family Salamandridae Goldfuss, 1820 (Amphibia, Urodela)". Alytes, vol. 26, pp. 1-85.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnold, E. N. & Burton, J. A. (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 94-2820-488-8.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar