Saiga

especie e mamífero artiodáctilo

O saiga,[3] Saiga tatarica, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[2]

Saiga
Saiga tatarica

Saiga macho
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Antilopinae
Tribo: Saigini
Xénero: Saiga
Gray, 1843
Especie: S. tatarica
Nome binomial
Saiga tatarica
Linnaeus, 1766
Especie tipo
Capra tatarica
Linnaeus, 1766[2]
Distribución histórica (en branco) e distribución actual de S. t. tatarica (en verde) e S. t. mongolica (en vermello).
Distribución histórica (en branco) e distribución actual de S. t. tatarica (en verde) e S. t. mongolica (en vermello).

Distribución histórica (en branco) e distribución actual de S. t. tatarica (en verde) e S. t. mongolica (en vermello).
Subespecies[1]
  • Saiga tatarica tatarica (Linnaeus, 1766)
  • Saiga tatarica mongolica Bannikov, 1946
Sinonimia
  • Véxase texto

Para a maioría dos autores é unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen dúas subespecies.[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

Xénero editar

O xénero foi descrito en 1843 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray, no seu traballo List Specimens Mamm. Coll. Brit. Mus.: XXVI.[2]

Especie editar

A especie describiuna Linneo en 1766 na 12ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Capra tatarica.[2][4]

Etimoloxía editar

O nome Saiga procede do ruso сайгá saĭga, que a tomou do casaco saigak (unha subespecie dun cordeiro da especie Ovis ammon).[5]

Sinónimos editar

Ademais do nome actualmente válido, e o que usou Linneo para describila, a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:

  • Antilope saiga Pallas, 1766
  • Antilope scythica Pallas, 1766
  • Capra tatarica Linnaeus, 1766 (basónimo)
  • Capra sayga Forster, 1768
  • Cemas colus Oken, 1816
  • Ibex imberbis Gmelin, 1760

Subespecies editar

Como quedou dito, a maioría dos autores recoñecen unha única especie dos xénero Saiga, subdividida en dúas subespecies:

  • Saiga tatarica mongolica Bannikov, 1946.[6]
  • Saiga tatarica tatarica (Linnaeus, 1766).[7]

Controversia taxonómica editar

Porén, os autores de Mammal Species of the Word consideran a subespecie mongólica como especie separada, denominada Saiga borealis, con dúas subespecies, clasificando por tanto o xénero Saiga deste xeito:[8]

  • Saiga
    • Saiga borealis
      • Saiga borealis borealis
      • Saiga borealis mongolica
    • Saiga tatarica

Cómpre dicir que a xeneralidade dos autores consideran Saiga borealis como sinónimo de Saiga tartárica.

Historia editar

É unha especie de antílope gravemente ameazada que orixinalmente habitaba amplas zonas da estepa euro-asiática, dende os Montes Cárpatos e o Cáucaso até Zungaria (ou Dzungaria)[9] e Mongolia.

Tamén vivían en América do Norte durante o Plistoceno. Hoxe, a subespecie dominante (S. t. tatarica) só se atopa nun lugar en Rusia (na República dos Calmucos) e en tres áreas de Casaquistán (os Urais, Ustiurt e Betpak-Dala). Unha parte da poboación de Ustiurt migra cara ao sur até Uzbekistán e en ocasións até Turkmenistán no inverno. Está extinta na República Popular da China e no suroeste de Mongolia. Foi cazada masivamente en Romanía e Moldavia até que se extinguiu nesas rexións a finais do século XVIII. A subespecia mongol (S. t. mongolica) só se atopa no oeste de Mongolia.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mallon, D. P., asesor (2008): Saiga tatarica na Lista vermella da UICN. Versión 2018-1. Consultada o 15 de outubro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Wilson & Reeder 2005.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para saiga.
  4. Sytema Naturae, ed. de 1766
  5. saiga, 2ª acep. no Merriam Webster Dicitionary.
  6. Saiga tatarica ssp. mongolica na Lista vermella da UICN.
  7. Saiga tatarica ssp. tatarica na Lista vermella da UICN.
  8. Siga en MSW.
  9. Zunfaria é unha afastada rexión histórica-xeográfica da Asia Central, situada entre as actuais República Popular China e Casquistán, case contigua ás fronteiras da Federación Rusa e Mongolia.
  10. Zoological Society of London (ed.). "Saiga/mongolian Saiga (Saiga tatarica)". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2008. Consultado o 19 de decembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar