Saga da Fundación

serie de novelas de Isaac Asimov

Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación son os tres títulos da saga de Isaac Asimov nos que percorre a historia da caída dun imperio galáctico e o nacemento dun novo baseado nunha interconexión dos humanos co seu contorno.

A saga tivo despois ampliación para dar cabida á existencia dun planeta consciente, na idea da Hipótese Gaia de James Lovelock.

A contorna das historias consiste nun Imperio Galáctico en descomposición. Nel, o matemático Hari Seldon desenvolve a teoría da psicohistoria, nova e eficaz socioloxía totalmente matematizada. Coas súas leis estatísticas de seguimento e control de masas, Seldon prevé a inminente caída do Imperio, estendido por toda a Vía Láctea, e en consecuencia, 30 000 anos escuros antes do xurdimento dun segundo imperio. A inercia da caída do Imperio é grande de máis como para poder detela, mais Seldon idea un plan polo que "a masa de eventos que chega debe desviarse só un pouco" para limitar os anos escuros a só mil. Para levar a cabo o seu plan, Seldon crea as Fundacións, dous grupos de científicos e enxeñeiros establecidos en extremos opostos da galaxia, para conservar o espírito da ciencia e a civilización, e así converterse nas bases do novo imperio galáctico.

Unha característica clave da teoría de Seldon, que ten influído na ciencia social do mundo real,[1]​ é o principio de incerteza en socioloxía: se unha poboación ten coñecemento do seu comportamento previsto, as súas accións colectivas autoconscientes vólvense imprevisibles.

Novelas editar

A saga resúmese no seguinte cadro:

Serie Título Ano ISBN (obra orixinal)
Precuelas Prelude to Foundation 1988 0-553-27839-8
Forward the Foundation 1993 0-553-40488-1
Triloxía orixinal Foundation 1951 0-553-29335-4
Foundation and Empire 1952 0-553-29337-0
Second Foundation 1953 0-553-29336-2
Novelas posteriores Foundation's Edge 1982 0-553-29338-9
Foundation and Earth 1986 0-553-58757-9

A comezos de 2023, non tiñan tradución ó galego.

Notas

  1. Kashyap, Ravi (Abril de 2014). "The Circle of Investment: Connecting the Dots of the Portfolio Management Cycle – Under the Purview of the Uncertainty Principle of the Social Sciences". International Journal of Economics and Finance 6 (5). arXiv:1603.06047. doi:10.5539/ijef.v6n5p244.