STS-71

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-71 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 27 de xuño de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-71
Lanzamento da misión STS-71.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento27 de xuño de 1995, 19:32 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión9,81 días[6]
Obxectivo da misiónPrimeiro acoplamento entre un transbordador e a estación espacial Mir.[3][6]
Regreso7 de xullo de 1995[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1995-030A

Características editar

STS-71, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para realizar o primeiro acoplamento entre un transbordador espacial e a estación espacial rusa Mir, dando comezo a unha colaboración de varios anos. A tripulación estaba formada polo comandante Robert L. Gibson, o piloto Charles J. Precourt, os especialistas de misión Ellen S. Baker, Bonnie J. Dunbar e Gregory J. Harbaugh e os compoñentes da misión Mir 19, Anatoli Soloviev e Nikolai Budarin.[3][5][6][7]

O acoplamento tivo lugar ás 9:00 EDT do 29 de xuño co método R-Bar (que minimiza o gasto de propelente) no que o Atlantis aproximouse á estación directamente desde abaixo, seguindo o radio vector da Terra. O piloto, Gibson, tomou o control manual do transbordador cando estaban a uns 800 m de distancia da estación. O acoplamento tivo lugar dentro das marxes de seguridade e sen problemas na vertical do lago Baikal. Unidos, o Atlantis e a Mir formaron o conxunto máis pesado (225 toneladas) en órbita ata aquel momento. Durante os cinco días que estiveron unidos se transferíu equipamento entre unha nave e outra e se fixeron diversos experimentos biomédicos e físicos utilizando o módulo Spacelab da bodega do transbordador.[3][5][6][7]

O Atlantis separouse da Mir o 4 de xullo para reiniciar a reentrada atmosférica. A bordo ían Norman E. Thagard, Vladimir Dezhurov Gennadi Strekalov, os compoñentes da misión Mir 18, en substitución de Soloviev e Budarin, que quedaron na Mir, polo que o Atlantis regresou con oito astronautas, tomando terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de xullo de 1995.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 10 October 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-58417T). 18 de outubro de 1995: 8. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-71" (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar