STS-67

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-67 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 2 de marzo de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-67
Lanzamento da misión STS-67.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento2 de marzo de 1995, 6:38 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión16,63 días[6]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas co observatorio Astro-2.[3][6]
Regreso18 de marzo de 1995[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1995-007A

Características editar

STS-67, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións astronómicas no ultravioleta mediante o observatorio Spacelab/Astro-2, na bodega de carga do transbordador. A tripulación estaba formada polo comandante Stephen S. Oswald, o piloto William G. Gregory, a comandante de carga Tamara E. Jernigan, os especialistas de misión John M. Grunsfeld e Wendy B. Lawrence e os especialistas de carga Ronald A. Parise e Samuel T. Durrance.[3][5][6][7]

Astro-2 foi a segunda misión dun módulo Spacelab adicado á astronomía. Estaba formado por tres instrumentos para a observación no ultravioleta: HUT, UIT e WUPPE. Durante a misión fixéronse observacións de obxectos do sistema solar, galácticos e extragalácticos. A bordo do transbordador había outros experimentos secundarios, entre eles PCG-TES-03, PCG-STES-02, SAREX-II, MACE, CMIX-03 e MSX.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 18 de marzo de 1995.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 67" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 10 October 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-58417T). 18 de outbo de 1995: 3. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 67/Astro 2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-67 - Astro-2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-67" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (1 de abril de 2010). "STS-67" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar