STS-59

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-59 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 9 de abril de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-59
Lanzamento da misión STS-59.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento9 de abril de 1994, 11:05 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,24 días[6]
Obxectivo da misiónCartografiado mediante radar.[3][6]
Regreso20 de abril de 1994[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1994-020A

Características editar

STS-59, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para cartografar a superficie terrestre mediante o paquete de instrumento Space Radar Laboratory 1 e facer estudos xeolóxicos, xeográficos, hidrolóxicos, oceanográficos, agronómicos e botánicos. Tamén medíu a cantidade de dióxido de carbono na troposfera a participou no experimento de radioafeccionados SAREX II. A tripulación estaba formada polo comandante Sidney M. Gutierrez, o piloto Kevin P. Chilton, a comandante de carga Linda M. Godwin e os especialistas de misión Jay Apt, Michael R. Clifford e Thomas D. Jones.[3][5][6][7]

Entre os instrumentos de a bordo atopábanse SIR-C, un radar en banda C e banda L; X-SAR, un radar en banda X construído por Alemaña e Italia; e MAPS, para o estudo global da contaminación. En total na misión estaban representados 13 países con 49 investigadores principais e máis de 100 científicos coordinados polo JPL.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 20 de abril de 1994.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 59" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 25 August 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-25918(E)). 7 de setembro de 1994: 6. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 59/SRL 1" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-59 - SRL-1" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-59" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-59" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar