STS-44

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-44 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 24 de novembro de 1991 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-44
Lanzamento da misión STS-44.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento24 de novembro de 1991, 23:44 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión6,95 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita do satélite DSP e realización de varios experimentos.[3][6]
Regreso2 de decembro de 1991[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1991-080A

Características editar

STS-44, con seis astronautas a bordo (Frederick Gregory, Terence Henricks, Story Musgrave, Mario Runco, James Voss e Thomas Hennen), foi lanzada para poñer en órbita o satélite DSP 16 e facer varios experimentos. Entre os experimentos a bordo atopábanse IOCM, AMOS, CREAM, SAM, RME III, VFT-1 e UVPI, así como varios experimentos biolóxicos e médicos.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 2 de decembro de 1991, antes do previsto ao fallar unha unidade de medición inercial en órbita.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 44" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 December 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-01075). 7 de xaneiro de 1993: 4. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 44" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-44" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-44" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-44" (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar