STS-31

misión do transbordador espacial Discovery

STS-31 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 24 de abril de 1990 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-31
A misión STS-31 co telescopio espacial Hubble na bodega de carga.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento24 de abril de 1990, 12:33 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión5,05 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita do telescopio espacial Hubble[3][6]
Regreso29 de abril de 1990[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1990-037A

Características editar

STS-31, con cinco astronautas a bordo (o comandante Loren Shriver, o piloto Charles Bolden e os especialistas de misión Bruce McCandless, Steven Hawley e Kathryn Sullivan), foi lanzada para poñer en órbita o telescopio espacial Hubble e realizar varios experimentos. O despregue do telescopio foi gravado mediante cámaras IMAX. Entre os experimentos a bordo atopábanse os de crecemento de cristais de proteína, investigación en membranas de polímero, un experimento AMOS, medición de radiación e experimentos deseñados por estudantes.[3][5][6][7]

Para poñer o Hubble nunha órbita estable e de longa duración o Discovery chegou ata os 600 km de altura, a órbita máis alta alcanzada nunca por un transbordador. A órbita elevada foi aproveitada polos astronautas para obter imaxes completas de características de grande escala da Terra que non poden obterse desde órbitas máis baixas. A altura da órbita tamén implicou que o acendido dos motores para a deorbitación do transbordador foi a máis longa de tódalas misións STS, con 4 minutos e 58 segundos. O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 29 de abril de 1990.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 31" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 January 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (92-02818). 21 de xaneiro de 1992: 7. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 31" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-31" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-31" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-31" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar