STS-127

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-127 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 15 de xullo de 2009 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-127
Lanzamento da misión STS-127
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento15 de xullo de 2009, 22:03 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión15,70 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso31 de xullo de 2009[6]
NSSDC ID2009-038A

Características editar

STS-127, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Mark Polansky, o piloto Doug Hurley e os especialistas de misión David Wolf, Christopher Cassidy, Julie Payette, Tom Marshburn e Tim Kopra.[3][5][6][7]

O Endeavour levou ata a estación o terceiro e último compoñente do módulo laboratorio xaponés Kibo, que quedou instalado tras cinco paseos espaciais. A tripulación retirou tamén varias baterías obsoletas e levou varias pezas de reposto.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 31 de xullo de 2009.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 127" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 7 December 2009 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-51490(E)). 3 de marzo de 2010: 3. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 127" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-127 / ISS 2J/A" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-127" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (7 de agosto de 2009). "STS-127" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar