STS-120

misión do transbordador espacial Discovery

STS-120 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 23 de outubro de 2007 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-120
Lanzamento da misión STS-120
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento23 de outubro de 2007, 15:38GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión15,10 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso7 de novembro de 2007[6]
NSSDC ID2007-050A

Características editar

STS-120, con sete astronautas a bordo (seis americanos e un italiano, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada pola comandante Pamela A. Melroy, o piloto George D. Zamka, o enxeñeiro de voo Daniel M. Tani e os especialistas de misión Douglas H. Wheelock, Scott E. Parazynski, Stephanie D. Wilson e Paolo Nespoli.[3][5][6][7]

O Discovery levou o módulo Harmony á estación e moveu a viga P6 ata a súa localización definitiva. A misión tiña que engalar en febreiro de 2004, pero o desastre da misión STS-107 a pospuxo varios anos. O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 7 de novembro de 2007.[3][5][6][7]

Notas sobre a tripulación editar

Pamela Melroy foi a segunda muller en comandar un transbordador espacial, despois de Eileen Collins, e a terceira muller seleccionada como piloto do transbordador (Susan Still Kilrain, deixou a NASA sen comandar ningunha misión).[8]​ Adicionalmente, Peggy Whitson, dirixiu a tripulación Expedición 16 da ISS que acollerá á STS-120, foi a primeira comandante feminina da ISS.[9] A STS-120 e a Expedición 16 é a primeira vez que dúas comandantes están en órbita ao mesmo tempo.​​​[10]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 120" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 20 February 2008 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (08-52098(S)). 18 de marzo de 2008: 2. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 120" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS 120 / ISS 10A" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-120" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (2 de abril de 2008). "STS-120" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2021. 
  8. Tariq Malik. "NASA Names Second Female Shuttle Commander". Space.com (en inglés). Consultado o 2021-04-10. 
  9. Tariq Malik. "Space Station Astronauts Prepare for Crew Swap". Space.com (en inglés). Consultado o 2021-04-10. 
  10. "History In Space: 2 Women Commanders - Orlando News Story - WKMG Orlando". web.archive.org. 2008-06-02. Archived from the original on 02 de xuño de 2008. Consultado o 2021-04-10. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar