S/2004 S 12 é unha pequena lúa de Saturno. Este descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio do 2005 a partir de observacións feitas entre o 12 de decembro do 2004 e o 9 de marzo do 2005.

S/2004 S 12 ten uns 5 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia mediade 19,906 millóns de kms en 1148,541 días, ten un movemento retrogrado, cunha inclinación orbital de 164° respecto da eclíptica (162° respecto do ecuador de Saturno) e unha excentricidade de 0,396.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar