S/2003 J 12 é unha lúa de Xúpiter, e é a lúa máis pequena do Sistema Solar. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2003.[2][3]

S/2003 J 12
Descubrimento
Descuberta por Scott S. Sheppard e o seu equipo.
Descuberta no 2003
Características orbitais
Raio orbital medio 17,883 Gm (millóns de quilómetros)[1]
Periódo orbital 489,72 días
Excentricidade 0,4920
Inclinación 143°
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio ~0,5 km

S/2003 J 12 ten ó redor dun 1 quilómetro de diámetro, orbita Xúpiter a unha distancia media de 17,883 Gm en 489,72 días, cunha inclinación de 143° respecto da eclíptica (143° respecto do ecuador de Xúpiter), de movemento retrógrado e cunha excentricidade orbital de 0,4920.[1]

É a lúa irregular de movemento retrógrado que orbita máis próxima a Xúpiter, e semella non pertencer a ningún grupo de satélites.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Jacobson, R.A. (2006) JUP263 (28-06-2007). JPL/NASA, ed. "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". Consultado o 21-01-2008. 
  2. IAUC 8089: Satellites of Jupiter 7 de marzo do 2003 (descubrimento)
  3. MPEC 2003-E29: S/2003 J 9, 2003 J 10, 2003 J 11, 2003 J 12; S/2003 J 1, 2003 J 6 3 de abril do 2003 (descubrimento e efemérides)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar