S/2003 J 10 é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003.[1][2]

S/2003 J 10 ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,731 millóns de kms, tarda 700,129 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 164° con respecto á eclíptica (166° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,3438. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Notas editar

  1. IAUC 8089: Satellites of Jupiter 7 de marzo do 2003 (descubrimento)
  2. MPEC 2003-E29: S/2003 J 9, 2003 J 10, 2003 J 11, 2003 J 12; S/2003 J 1, 2003 J 6 3 de abril do 2003 (descubrimento e efemérides)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar