A Süper Lig é a máxima categoría da liga turca de fútbol. Trátase dunha competición profesional, fundada en 1958 e organizada pola Türkiye Futbol Federasyonu (Federación Turca de Fútbol). O formato é o habitual nos torneos de liga europeos, sendo 18 os equipos que se enfrontan entre si ó longo de dúas voltas, en cada unha das cales cada equipo ten que se enfrontar cos restantes 17, de xeito que cando remata o campionato cada equipo xogou dous encontros fronte a cada rival, ún como local e outro como visitante.

O nacemento desta competición supuxo a unificación de varios torneos rexionais que ata entón levábanse a cabo no país. O resultado foi unha liga dominada polos clubs da cidade de Istambul, que entre 1959 e 2012 acadaron 49 dos 56 títulos disputados. Os 3 clubs máis laureados desta liga son o Fenerbahçe SK, o Galatasaray SK e o Beşiktaş JK (con 18, 18 e 13 títulos respectivamente), os 3 da cidade de Istambul, seguidos do Trabzonspor (6 títulos) e do Bursaspor (1 título). Os 3 grandes equipos de Istambul son tamén os únicos que levan disputadas tódalas edicións da Süper Lig.

Clubs participantes editar

 
Fogar do Fenerbahce.

Na súa edición 2011-2012, os 18 clubs participantes son os seguintes:

Equipo Cidade Estadio Capacidade
Ankaragücü Ancara Ankara 19 Mayıs 19.209
Antalyaspor Antalya Mardan Sports Complex 7.428
Beşiktaş JK Istambul Beşiktaş İnönü 32.086
Bursaspor Bursa Bursa Atatürk 18.587
Eskişehirspor Eskişehir Eskişehir Atatürk 13.520
Fenerbahçe SK Istambul Şükrü Saracoğlu 50.509
Galatasaray SK Istambul Türk Telekom Arena 52.600
Gaziantepspor Gaziantep Gaziantep Kamil Ocak 16.981
Gençlerbirliği SK Ancara Ankara 19 Mayıs 19.209
İstanbul BB Istambul Olímpico Atatürk 76.092
Kardemir Karabükspor Karabük Yenişehir 7.593
Kayserispor Kayseri Kadir Has 32.864
Mersin İdmanyurdu Mersin Tevfik Sırrı Gür 10.128
Orduspor Ordu 19 Eylül 11.024
Samsunspor Samsun Samsun 19 Mayıs 12.720
Sivasspor Sivas Sivas 4 Eylül 14.998
Trabzonspor Trebisonda Hüseyin Avni Aker 20.750
Vestel Manisaspor Manisa Manisa 19 Mayıs 16.597

Campións editar

Na seguinte táboa amósase o palmarés da liga turca de fútbol segundo o número de títulos acadados por cada club.

Nº Títulos Equipo Campionatos obtidos
22 Fenerbahçe SK 1958-59, 1960-61, 1963-64, 1964-65, 1967-68, 1969-70, 1973-74, 1974-75, 1977-78, 1982-83, 1984-85, 1988-89, 1995-96, 2000-01, 2003-04, 2004-05, 2006-07, 2010-11, 2013-14, 2017-18, 2018-19
19 Galatasaray SK 1961-62, 1962-63, 1968-69, 1970-71, 1971-72, 1972-73, 1986-87, 1987-88, 1992-93, 1993-94, 1996-97, 1997-98, 1998-99, 1999-00, 2001-02, 2005-06, 2007-08, 2011-12, 2012-13
15 Beşiktaş JK 1956-57, 1957-58, 1959-60, 1965-66, 1966-67, 1981-82, 1985-86, 1989-90, 1990-91, 1991-92, 1994-95, 2002-03, 2008-09, 2015-16, 2016-17
6 Trabzonspor 1975-76, 1976-77, 1978-79, 1979-80, 1980-81, 1983-84
1 Bursaspor 2009-10

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar