Sól era, na mitoloxía nórdica, a deusa do Sol, filla de Mundilfari e Glaur, e esposa de Glenr. O seu nome correspondente en anglosaxón é Sigel ou Siȝel (/siyel/) e en protoxermánico, *Sôwilô ou *Saewelô.

"Os lobos perseguindo a Sól e Máni" (1909) de J. C. Dollman.

Descrición xeral do mito editar

 
Carroza de Sól de Trundholm, escultura da idade de bronce nórdica.

A deusa Sól cada día dirixe a súa carroza a través dos ceos, tirada por dos corceis chamados Arvak e Alsvid. Mentres, é perseguida durante todo o día por un lobo, Sköll ou Fenrir segundo os distintos relatos, que quere devorala. As eclipses solares significarían que Skoll case a alcanzou e fai sombra momentaneamente. O destino ditamina que Skoll finalmente alcanzará a Sól e a devorará. E entón será substituída pola súa filla na tarefa de guiar o Sol. A Terra era protexida do exceso de calor do Sol por Svalin, un escudo situado entre a Terra e o Sol. Na mitoloxía nórdica, o sol non proporcionaba luz; esta emanaba das crinas de Alsvid e Arvak.

Sól tamén era chamada Sunna e Sunne, e ás veces Frau Sunne, que son derivacións das palabras para Sol e domingo en inglés antigo. O sol en si era chamado Alfrodull, que significa "gloria dos elfos".

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar