Sócrates Gómez

político galego

Sócrates Gómez Pérez, nado en Vigo o 27 de xullo de 1914 e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1989, foi un xornalista e político galego, histórico militante do PSOE, activo en Madrid.

Sócrates Gómez
Nacemento27 de xullo de 1914
Lugar de nacementoVigo
Falecemento18 de xaneiro de 1989
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiJosé Gómez Osorio
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo do histórico dirixente socialista José Gómez Osorio, a súa vida política comeza nas Juventudes Socialistas aos 14 anos. En 1930 entrou no PSOE e na UGT. En 1931 formou parte da redacción de El Socialista. Dirixiu máis tarde La Correspondencia de Valencia e La Voz del Combatiente, órgano do Exército Republicano, do que foi oficial. Foi membro do Comité Nacional do PSOE e Presidente da Federación Nacional das JJSS. Foi secretario do Ministerio de la Gobernación entre setembro do 1936 a xaneiro de 1937 e concelleiro en Madrid (1938). Foi procesado varias veces durante e despois da Guerra Civil española. Entre 1962 e 1971 viviu en Londres.

Despois da fin do réxime franquista foi deputado no Congreso dos Deputados (1977-1978), concelleiro en Coslada (1979-1983), deputado da Asemblea de Madrid (1983-1989) e senador por designación autonómica da Asemblea de Madrid (1983-1987).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar